lunes, 25 de mayo de 2020

PON A TÚA MÁSCARA E RADIO DENDE O CONFINAMENTO

Hai uns días recibistes unha máscara confeccionada pola ANPA "Viñas Blancas" no voso domicilio.
Non esquezades que debedes poñela sempre que sexa imposible gardar unha distancia de seguridade óptima.
O profesorado do Carballal fixo este vídeo como agradecemento no que queremos recordar tamén a canción "O cole que queremos":


Por outra banda, compartimos o programa de radio escolar realizado dende o confinamento con algúns nenos e nenas de 6º, 5º, 4º, 3º e 1º de Primaria:


Unha apertaza moi forte e agardamos que estedes todos e todas ben de saúde!!!

domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Este ano, o Día das Letras Galegas, está adicado a Ricardo Carvalho Calero, creador do Reintegracionismo.
Entre outras actividades, faremos un videoclip a partires dun dos seus poemas:


A celebración común será o vindeiro 31 de outubro por mor da pandemia que estamos a vivir pero podedes ir aprendendo cousiñas da súa biografía premendo nas seguintes ligazóns e vídeos:



O Ateneo Santa Cecilia de Marín argallou unha fermosa iniciativa que queremos partillar con todos vós, pois aparecen traballos producidos no Carballal en anos anteriores:


Feliz Día das Letras Galegas a todos e todas!!!

miércoles, 13 de mayo de 2020

TRABALLA COS TEUS SOÑOS (VIDEOCLIP)

No mes de decembro demos a coñecer o gañador do concurso de contos baseados no PDI deste curso convocado polo EDLG.
O agraciado foi este fermoso relato de Diego González Cortegoso de 5º de primaria.
Podedes botarlle unha lectura premendo nesta ligazón:


O agasallo consistía nun videoclip baseado no conto... que xa está rematado polo alumnado de 4º de primaria no Obradoiro de Audiovisuais de Educación Musical (colaboracións de nenos e nenas de 5º e 6º de primaria).
Por mor do confinamento tivo que argallarse por medio de debuxos.
Aquí o tedes e agardamos que vos guste o himno do PDI "Traballa cos teus soños".