jueves, 28 de abril de 2016

"O MOSQUITO FEDERICO"

Novo videoclip feito polo alumnado de 4º de Primaria inspirándose nun conto do Recuncho de Tambo: "O Mosquito Federico".
Agardamos que vos guste!!!


miércoles, 27 de abril de 2016

INTERCAMBIO DE LIBROS NA HONRA DE MANUEL MARÍA

Recordade que este venres día 29 de abril será o intercambio de libros no "Recuncho de Tambo".
Todos os nenos/as que trouxestes un libro, poderedes coller outro diferente para propagar e compartir cultura.
Teredes un agarimoso agasallo moi doce!










miércoles, 20 de abril de 2016

"O SEGREDO DE MOAD"

Nova curta sobre bullying realizada polo alumnado de 6º de Primaria na asignatura de Valores Socias e Cívicos.
Agardamos que vos guste!!!



martes, 12 de abril de 2016

VISITA Á CASA-MUSEO DE ROSALÍA

No Recuncho de Tambo disfrutamos moito co libro-disco "Rosalía Pequeniña" de Uxía Senlle e Magín Blanco.
Para afondar máis sobre a vida desta grande poetisa, o alumnado do Primeiro Ciclo de Primaria,  fixo hoxe unha saída a Padrón para visitar a súa Casa-Museo.
Para rematar a xornada tivemos unha visita guiada no xardín botánico.



lunes, 11 de abril de 2016

CONTACONTOS CON MIGUEL ANXO ALONSO DIZ

Hoxe, os nenos e nenas do Primeiro Ciclo de Primaria, tivemos unha fermosa sesión de contacontos co escritor Miguel Anxo Alonso Diz.
Fixémoslle unha presentación especial xogando coas letras do seu nome.
Encantounos a actividade con luces na escuridade e mergullounos nas historias de tres dos seus contos.


 

 
 
 
 
 
 
 
 
 

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O pasado venres, día 8 de abril, representamos ao "Recuncho de Tambo" nos encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia ao que pertencemos.
Aprendemos cousas novas sobre audiovisual con Seso Durán entre outros.


sábado, 9 de abril de 2016

"ANDRÉS MILPÉS"

Videoclip realizado polos nenos e nenas de 4º de Primaria a partires dun conto do Recuncho de Tambo: "Andrés Milpés".
Agardamos que vos guste!


martes, 5 de abril de 2016

VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Hoxe fixemos unha visita ao Salón do Libro de Pontevedra que este ano leva por lema: "Canta bichería".
Os nenos/as de Infantil e do Segundo e Terceiro Ciclo de Primaria, puideron disfrutar de actividades de contacontos e dun roteiro guiado polo recinto.
Deixamos unha montaxe do profe Yeray sobre a visita e unha foto de Raquel Queizás narrando un contiño aos cativos/as de 5 anos!