Na mañá do pasado martes, 26 de maio, os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron unha saída didáctica ben cociñeira a O Grove.
Acudiron a unha pizzería rexentada por vellos amigos da profa Eva e alí aprenderon a cociñar unhas pizzas deliciosas acompañados das súas titoras nunha actividade directamente relacionada co PDI anual: "Salpimenta o teu maxín".
Por unha banda, o xoves, 26 de maio, o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu os carnets "Ciberexperto", logo dun curso anegado de horas de formación sobre seguridade en internet con Rafa.
Acudiron ao acto autoridades da Policía Nacional e a nosa inspectora de zona.
Por outra banda, despedimos cun gran aplauso e un intercambio de agasallos á nosa auxiliar de conversa, Linda, que xa está de regreso a Estados Unidos... botarémoste moitísimo de menos!!!
Para rematar, a rapazada de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria tivo unha saída durante todo o día illas Cíes o pasado venres, 29 de maio, coincidindo co desfile do Día das Forzas Armadas.
A excursión está dentro do marco do programa "Voz Natura" e foron acompañados por Martín (fillo da profa Celia e exalumno do Carballal) como guía de auténtico luxo.















.png)
















