viernes, 26 de enero de 2024

RESIDUOS CON_CIENCIA - SAÍDA AO MESTRE LANDÍN - DÁLLE AO COCO - NORMAS DO BIBLIOPATIO - CARTAZ DO ENTERRO DA SARDIÑA - XORNADAS DE PORTAS ABERTAS - CANCIÓN DE ENTROIDO

O pasado luns e martes, 22 e 23 de xaneiro, continuamos coa actividade "Residuos con-ciencia" no Carballal.


Foi na biblioteca e estivo dirixida, nesta ocasión, ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.


Falaron sobre compostaxe dun xeito divertido: residuos orgánicos, bechos que descompoñen os residuos, fabricación dun composteiro caseiro, etc.


O xoves, 25 de xaneiro, o alumnado de 6º de Educación Primaria tivo unha saída ao IES Mestre Landín para coñecer as súas instalacións por se deciden cursar alí 1º de ESO o vindeiro ano.


Por certo. se estades ben atentos, poderedes atopar nas columnas dos patios os novos problemas do "Dálle ao coco" de xaneiro.


Temos xa os gañadores dos meses de novembro e decembro... parabéns aos afortunados/as!!!



Como sabedes, dende o pasado venres, 19 de xaneiro, comezaron as sesións de BiblioPatio.
Deixámosvos aquí as normas para facer un emprego correcto desta actividade.


Por outra banda, queremos felicitar a Alba Rosales (4º de Educación Primaria) por acadar un áccesit no Concurso de Cartaces do Enterro da Sardiña organizado polo Ateneo Santa Cecilia.
A entrega de premio será a vindeira tarde do martes, 30 de xaneiro, no propio Ateneo.
Parabéns, moza, por este estupendo traballo!!!

Queremos informarvos tamén, que o vindeiro 30 de xaneiro e o 20 de febreiro, pola tardiña, teremos as Xornada de Portas Abertas no Carballal para todos aqueles que queiran visitar o noso centro e formalizar matrícula o curso que vén.


Para rematar, penduramos a ligazón da canción que imos versionar para o Entroido 2024.
Trátase dun hit dos anos 80 do grupo Locomía.
En breve, poderémola aprender.

viernes, 19 de enero de 2024

QUEN VIVE AÍ? - RESIDUOS CON_CIENCIA - PONTEAZERO - BIBLIOPATIO - SAÍDA A SANTA CECILIA

Esta semana tivemos unha serie de actividades moi interesantes no Carballal.

O pasado luns, día 15 de xaneiro, o alumnado de 5º de Educación Primaria gozou con "Quen vive aí?" na biblioteca.



Coa axuda de sinxelos capturadores de fauna, material de aumento e chaves dicotómicas, identificaron invertebrados presentes nos composteiros e estudaron a función que realizan.


O martes, 16 de xaneiro, o alumnado de 6º de Educación Primaria continuou con esta actividade sobre a compostaxe patrocinada pola Deputación de Pontevedra.



Elaboraron, esa mesma mañá, xabóns con material reciclado coa actividade "Residuos con_ciencia".

Na mesma liña, houbo unha sesión de formación do profesorado titulada "Ponteazero", esa mesma tardiña, relacionada cos composteiros.

Logo do recreo do mércores, 17 de xaneiro, os axudantes de biblioteca pasaron polas aulas para explicar o funcionamento de "Bibliopatio", co que poderemos gozar das nosas lecturas favoritas durante os recreos no exterior.



A actividade comezou a realizarse durante o recreo do venres, 19 de xaneiro.



Tal e como podedes ver nas instantáneas, tivo un grande éxito e agardamos que así continúe nos vindeiros meses e anos!!!



Para rematar, o alumnado de 3º de Educación Primaria, tivo unha saída a Santa Cecilia para visitar a exposición "Mar, emocións e cores" de Alicia Lamas coa que profundarán no apartado do PDI anual que están a desenvolver ("Emocións de cores").



E non vos esquezades de ensaiar moito a canción que cantaremos no Día da Paz, que xa se atopa no Portal da Lingua Galega.
Aquí tedes ao alumnado de 6º de Educación Infantil dándolle caña na súa aula.


viernes, 12 de enero de 2024

PEKE RECICLA - XOGO DA MIÑOCA - DÁLLE AO COCO

Ola tambeir@s!

Agardamos que esas cabeciñas estén moi relaxadas logo das vacacións de Nadal, tal e como vos indicamos na panxoliña sorpresa que vos cantamos os profes e profas no festival, e que teñades a pila ben cargada para pasar un segundo trimestre xenial.

Dásmosvos a benvida co resumo de tres actividades que levamos a cabo esta semana no Carballal... e tamén cunha pequena sorpresa!!!

Durante a mañá do mércores día 10 e a do xoves, día 11 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil tivo unha sesión ben interesante na aula e mais no escenario do ximnasio.


Tratouse de "Peke Recicla", na que por medio de xogos ben divertidos, aprendemos a facer unha reciclaxe responsable e axudar a coidar o noso planeta, a nosa contorna.


Trátase dunha ensinanza que ten moito que ver co PDI deste curso: "Pídecho o corpo - Healthy lifestyle".


Na mañá do xoves 11 e a do venres, 12 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria aprendeu as normas dun xogo popular moi divertido que estivo relacionado coa compostaxe e a reciclaxe.


Trátase do xogo da miñoca, no que gozamos moito no recuncho de Tambo e que é moi similar ao xogo da oca.


Posúe moitas preguntas sobre esta temática que, dependendo da nosa resposta correcta ou incorrecta, fainos avanzar ou retroceder.

Por outra banda, dúas das colaboradoras da biblioteca de 6º de Educación Primaria, pasaron polas aulas para explicar o xeito de participación no "Dálle ao coco".
Presentaron tamén o enigma matemático do mes de decembro.
Podedes atopalos en moitos dos recunchos do colexio (nas columnas do patio, por exemplo) así que animádevos a participar dentro da vosa franxa de idade (están organizados por ciclos)!!!


Para rematar, queremos informarvos que atopamos a dúas nenas de 6º de Educación Infantil polo cole con material audiovisual nas súas mans... que andarán a argallar?