miércoles, 20 de junio de 2018

FESTIVAL DE FIN DE CURSO E GRADUACIÓNS 2018 CON SORPRESA

Despois dun curso ateigado de proxectos ("A maxia de comunicar"), hoxe celebramos o Festival de Fin de Curso e as Graduacións de Infantil e Primaria no cole.
Queremos despedirnos ata setembro cun vídeo-resumo das actuacións que fixestes e coa despedida da rapazada de 6º de Primaria que xa vai para o instituto.
Desexamos que sexades moi felices nestes máis de dous meses de vacacións que vos quedan por diante e recordade que todo é posible... este ano conseguimos facer un xornal, crear unha radio-tv no cole e acadamos moitos premios que nos deron folgos para seguir traballando.
Queremos darlle unha aperta especial a Carmen Castro, que despois de 34 anos no Carballal, xubílase estes días.
Mirade que corredor de agarimo argallamos o último día de clase... colleuna por sorpresa e... emocionouse!!!


Lede moito Tambeir@s!!!


Temos tamén unha sorpresiña, xa que a dirección do FicBueu, notificounos que o videoclip "A bruxa das Antenas" é un dos catro finalistas da edición 2018.



O sábado 15 de setembro, nunha gala presentada por Paco Nogueiras, saberemos cal foi o gañador da Sección Escolas: Educación Especial, Infantil e Primaria.
Despois da gala haberá un concerto do propio Paco Nogueiras co seu traballo "Radio BuleBule".
Xa pola tardiña temos un obradoiro de interpretación con Nani Matos.
Cando voltemos ás aulas xa informaremos ben de todo pero se queredes cotillear deixamos o link da páxina oficial do FicBueu:

https://www.ficbueu.com/es/

Pechamos o chiringo!!!
Feliz verán!!!

lunes, 18 de junio de 2018

TEATRO E MÚSICA NO RECUNCHO DE TAMBO

Esta mañá, a rapazada de 4ºA de Primaria, sorprendeunos coa interpretación da obra teatral cómica: "El fotógrafo Sisebuto hace fotos en un minuto".
Trátase de outra actividade enmarcada no PDI: "A maxia de comunicar".
Deixámosvos unha mostra na que falta algunha sección, pero que ben serve para facernos unha idea da súa trama.
O público corresponde ao alumnado de 2º de Primaria e de Valores de 6º.
Debido á magnífica capacidade interpretativa destes actores e actrices, prometemos unha gravación de máis calidade para o curso que vén.
Agardamos que vos guste e xa sabedes... hai que ter paciencia!!! 



E Sabela Márquez, de 5º de Primaria, quixo expresarse musicalmente facendo un videoclip-parodia da canción "Sin Pijama".
A idea, gravación e montaxe é obra exclusivamente súa e fíxoa dentro dunha actividade de Educación Musical enmarcada no PDI de este ano.
Agardamos que vos guste!!!

domingo, 10 de junio de 2018

RUXERRUXE NAS ONDAS TV #1: COÑECENDO A FINA CASALDERREY, XIÁN GUTIÉRREZ E CARMEN CASTRO

Hoxe, 14 de xuño, houbo un acto na Biblioteca Municipal de Marín no que proxectamos en primicia o primeiro programa de Tv "Ruxerruxe nas Ondas", do Canal Tambo.
Presentáronno os seus produtores, os alumn@s de Valores de 6º de Primaria, e... houbo cheo até a bandeira!!!
Sen dúbida foi o colofón do PDI proposto polo recuncho de Tambo: "A maxia de comunicar".
Estivo interpretado en lingua de signos, in situ, por Rosa, de EntreSignos.
Contamos coa presenza estelar da madriña da nosa Biblioteca: Fina Casalderrey.
Dentro do programa houbo unha fermosa entrevista na que nos contou, de primeira man, cousas sobre María Victoria Moreno.
Saíu tamén unha estrevista a Xián Gutiérrez, publicidade propia, un consello vial, un videoclip e moitas máis cousas!!!
Como esta data coincidiu coa celebración do "Día Nacional das Linguas de Signos", acudiu Miriam (EntreSignos)... e proxectamos o noso videoclip-curta, producido coa súa axuda: "Xa non teño medo".
Houbo unha sorpresa moi especial e chea de emoción, xa que unha parte do programa, estivo adicada á profe Carmen Castro, que despois de más de 40 anos traballando no ensino (34 deles no Carballal), xubílase nuns días.
Moitísimas grazas a todos e a todas por vir!!!
Aquí podedes visualizar xa o noso primeiro programa de tv:



E aquí o anuncio que fixemos para o evento:

lunes, 4 de junio de 2018

RUXERRUXE NAS ONDAS RADIO #1: XII MERENDA INTERCULTURAL

O pasado martes, día 5 de xuño, celebramos no colexio a XII Merenda Intercultural.
Este ano estivo relacionada co PDI proposto polo recuncho de Tambo: "A maxia de comunicar".
Tivemos moitos obradoiros relacionados: Morse, Braille, Lingua de Signos, mímica, etc.
As actuacións foron de baile moderno, ximnasia rítmica e patinaxe.
Houbo un Museo Piteas instalado na primeira planta e coma sempre, unha decoración impresionante.
Tamén merendamos a escachar coma todos os anos e... tomamos uns zumes moi refrescantes feitos no momentiño!!!
Este ano decidimos non gravar nada en vídeo para deixar unha testemuña sonora en forma de programa de radio... o noso primeiro "Ruxerruxe nas Ondas Radio" que produciron Alejandro e Sabela, de 3º de Primaria.
Agardamos que vos guste!!!




E aquí tedes a versión podcast:

II CARREIRA NA ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN

O pasado venres, día 1 de xuño, o alumnado de Primaria acudiu á Alameda de Marín e á Escola Naval Militar para participar na II Carreira organizada polo Concello e que está enmarcada nos actos de celebración do 75 aniversario da Escola de Gardamarinas.
Pasámolo realmente xenial facendo exercicio, xogando cos inchables e aprendendo coas demostracións que nos fixeron.
Agasalláronnos cunha bolsa na que viña unha camiseta, unha medalla, auga e algunha froita...
Mirade que vídeo-resumo máis chulo!!!