martes, 21 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA (SEMANA DOS VERSOS)

Hoxe, 21 de marzo, é o Día Internacional da Poesía.
No recuncho de Tambo ímolo celebrar cunha semana ateigada de actividades relacionadas cos recitados de poemas.
Podedes escoller unha poesía que vós queirades ou vir á biblioteca a elexir unha das que temos seleccionadas na mesa que mirades na foto.
A rapazada de Educación Infantil deleitaranos no recreo de hoxe, mañá a de 1º e 2º de Primaria, o xoves a de 3º e 4º e finalmente, o venres, teremos á de 5º e 6º.
Desfrutade moito da "Semana dos Versos"...



Aquí tedes dous vídeos con varios recitados do alumnado do colexio:



lunes, 20 de marzo de 2017

VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA 2017

Esta mañá levamos a cabo unha actividade crucial para o PDI deste curso. 
Nela participamos todos os nenos e nenas do colexio.
Fixemos unha visita ao Salón do Libro de Pontevedra, que este ano leva a temática: "O mundo que queremos".
Como sabedes, nós adaptamos esa temática e estamos traballando en varias liñas de acción.
Comprobamos que a nosa maqueta "Carballalix" estaba alí xunto a outras...
Pasámolo realmente ben!!!

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado venres, 17 de marzo, celebráronse en Santiago os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia, do que forma parte o noso centro escolar co recuncho de Tambo.
A coordinadora Chus, estivo recibindo formación para ver se é posible levar a cabo un experimento, dende o vindeiro curso, no cole... 
Trátase dun proxecto que vai polas ondas... Sabedes de que se pode tratar?

sábado, 18 de marzo de 2017

"PERREANDO" (CURTA)

O alumnado da materia de Valores de 5º de Primaria fixo esta curta sobre maltrato animal, centrada no mundo dos cans, para aportar outro gran de area ao PDI que este ano propuxo o recuncho de Tambo.
No mundo que queremos desexamos que cesen os abusos aos animais...
Dámoslle as grazas a Antonio Villanueva e ao seu can-guía Dákar por colaborar neste traballo.
Agardamos que vos guste!

miércoles, 15 de marzo de 2017

VISITA DE ANTONIO VILLANUEVA E DÁKAR

Esta mañá tivemos unha actividade moi interesante no recuncho de Tambo destinada ao alumnado de 5º de Primaria.
Como facía un día marabilloso decidimos facela no exterior.
Visitounos Antonio Villanueva e o seu can guía Dákar que vai cumplir 8 anos de idade.
Aprendemos moitas cousas sobre cans lazarillo que nos servirán para a gravación da nosa seguinte curta sobre maltrato animal centrada no mundo canino.
Mil grazas pola visita Antonio... e Dákar!!!



NORMAS DO RECUNCHO DE TAMBO

De cando en vez non vén nada mal revisar estas normas que facilitan a convivencia na biblioteca, axudan a que non se deteriore o material e fan que todo funcione correctamente cando o precisamos...
Botádelle unha ollada!!!


lunes, 13 de marzo de 2017

"O MONSTRO DE CORES" (VIDEOCLIP)

Aí vai o último videoclip con karaoke producido polo alumnado de 4º de Primaria na materia de libre configuración de Audiovisuais que nesta ocasión contou coa colaboración de 5º de Primaria e dunha alumna de 2º de Primaria que ten moito futuro no mundo da música: Fadwa.
Trátase dunha versión do conto de Anna Llenas: "O monstro de cores".
A actividade está dentro do PDI deseñado polo recuncho de Tambo que engloba os sentimentos.
O alumnado elaborou a letra, gravou a canción e animouna cun videoclip.
Agardamos que sexa do voso agrado!!!


E aquí tedes a versión karaoke por se queredes cantar!!!

viernes, 3 de marzo de 2017

CARBALLALIX: "REMEDIOS PARA CASE TODO"

Xa está lista a nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra que este ano leva a temática: "O mundo que queremos".
O seu nome é Carballalix e consiste nun ente que muda a realidade do noso planeta grazas aos seus manuais e ás súas máquinas transformadoras.
A actividade está relacionada co PDI que este ano adaptamos dende o recuncho de Tambo para todos vós: "O cole que queremos".
Parabéns por esta marabilla rapazada!!!

NOVIDADES NO RECUNCHO DE TAMBO

Xa sabedes que no andel adicado a novidades bibliográficas podedes atopar algúns dos contos que solicitastes para mercar.
Xa tedes algúns agardando por vós!