jueves, 30 de abril de 2020

MAIOS 2020

Mañá, día 1, celebraremos un Maio un pouco atípico por mor do confinamento.
Para comezar, propoñemos a visualización deste videoclip da canción "O Maio", baseada nun poema de Curros Enríquez e musicada por Luis Emilio Batallán con versos intercalados do poeta EV.CALO, no que aparece o profe Víctor.



A mestra de Relixión Católica, Inés Durán, argallou un vídeo-titorial para ensinarvos a todos e todas a elaborar un Maio a través de traballo manual artístico.


Ainara Vázquez, de 5ºA de Educación Primaria, xa fixo o seu e quedoulle ben bonito.
Aquí o tedes!


Nestes vídeos podedes visualizar un compendio de traballos enviados polo alumnado:



E xa para rematar, penduramos este fermoso vídeo-poema sobre o confinamento argallado por Paco Rivas.


 Unha aperta fonda!!!

viernes, 24 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

Para celebrar o Día do Libro deste curso 2019/2020, a profa Chus fixo unha montaxe audiovisual composta por dúas curtametraxes de Leire e Ánxela (alumnas de 5ºB de Educación Primaria) xunto cunha serie de fotografías de alumnos, alumnas, profes e profas lendo os seus libros favoritos durante o confinamento.
Aquí a tedes:


Queremos deixarvos tamén unha fermosa curta que vos recomenda a profa Charo relacionada coa animación á lectura.


Feliz Día do Libro!!!

miércoles, 22 de abril de 2020

SALÓN DO LIBRO E OUTRAS NOVAS

Este ano non acudimos ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra por mor da pandemia que estamos a vivir.
A pesar diso, as actividades que propoñen seguen activas vía online por medio da súa canle de Youtube, das súas contas de Facebook ou Instagram e dende a súa páxina web.
Déixovos aquí a ligazón da canle de youtube para que naveguedes polos vídeos que van pendurando.


Por outra banda queremos informarvos de que moi pronto recibiredes no voso domicilio unha mascarilla de balde confeccionada por membros da ANPA "Viñas Blancas".
Se premedes na imaxe poderedes ler a noticia:


Unha aperta fonda a todos e todas!!!

jueves, 16 de abril de 2020

GOOGLE CLASSROOM

En breve recibiredes unha mensaxe por medio da plataforma Abalar na que se indicará un enderezo de correo @ceipcarballal.org para cada un de vós co seu contrasinal correspondente.
Con el poderedes acceder á aplicación Google Classroom, coa que pretendemos ter contacto con vós ata que remate o curso escolar.
O primeiro que tedes que facer é visualizar con vagar este titorial:


Recoméndovos que indaguedes pola rede (youtube) outros titoriais que profundizan máis nas opcións que presenta esta app no modo alumno.
Déixovos un exemplo:


Se algún ten problemas tecnolóxicos ou falta de medios, non dubidedes en poñervos en contacto co colexio para poder solucionalos canto antes na medida do posible.

Para rematar deixamos unha guía para o profesorado:


Apertas a todos e todas!!!

jueves, 9 de abril de 2020

MENSAXE VIRAL DOS MESTR@S DO CARBALLAL

A mestra Lucía (Educación Física) enredou a todo o profesorado do Carballal e apañou fotos que conteñen mensaxes de ánimo para todos os tambeiros e tambeiras.
Agardamos que estedes todos ben e que teñades moito ánimo para rematar este confinamento na casa, que como sabedes, é necesario polo ben de todos nós.
Temos moitísimas gañas de estar con vós no cole...
Mirade que fermosura!!!


As profes de Infantil argallaron tamén un vídeo dirixido ao seu alumnado que podedes visualizar no seu blog, premendo na seguinte ligazón.