domingo, 27 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022

O pasado venres, 25 de febreiro, celebramos o Entroido no Carballal.

Papamos filloas, orellas e chocolate que nos preparou a ANPA "Viñas Blancas", á que, coma sempre, lle estamos moi agradecidos.

Tivemos sesión de baile e como non, desfilamos arredor da illa de Tambo seguindo o ritmo da canción que argallamos para a ocasión, interpretada por Alba Ramallo e Clara Pintos de 4º de Educación Primaria ("LimpouMo": unha parodia moi mariñeira do "SloMo", de Chanel, que irá a Eurovisión).

Os disfraces estiveron relacionados co PDI deste curso: "Mergullo nas Rías".

Aquí tedes as fotos de grupo:

-Educación Infantil: polbos, caranguexos e mexillóns.


-1º e 2º de Educación Primaria: fondo mariño.

-3º de Educación Primaria: peixes.


-4º de Educación Primaria: conservas.


-5º de Educación Primaria: "embarcados polas rías".


-6º de Educación Primaria: "polo mar".


E aquí está o vídeo-resumo da xornada.


Boas mini-vacacións tambeiros/as!!!

sábado, 19 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA

O pasado mércores, 23 de febreiro, data que coincide coa do seu nacemento en 1837, celebramos o Día de Rosalía no Carballal.


Fixemos un recital de poemas no recuncho de Tambo en quendas diferentes e todo o alumnado puido participar cos poemas repartidos polas aulas... e tamén cantamos!


Aquí tedes un vídeo-resumo de "Rosalía nas rías".


E aquí tedes a uns pequechos e pequechas de 3 anos do CEIPP "A Pedra" de Bueu, que no seu día, cantaron estes versos de Rosalía.


Agardamos que o gozárades tanto ou máis ca nós!!!

miércoles, 16 de febrero de 2022

MINUTO DE SILENCIO POLO "VILLA DE PITANXO"

Na mañá do mércores, 16 de febreiro, realizamos un minuto de silencio na memoria dos falecidos, desaparecidos e sobrevivintes do naufraxio do buque marinense "Villa de Pitanxo", ocorrido no día de onte en augas de Terranova (Canadá).

PLAN DE MEDIACIÓN

Este mércores, 16 de febreiro, arrincou o Plan de Mediación no Carballal.


Nesta iniciativa, participa alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, que xa recibiu formación por parte de Paula, Orientadora do centro.


En breve comezarán a actuar, mediando nos conflitos que acontezan no colexio.
Poderedes identificalos polos seus chalecos.

jueves, 3 de febrero de 2022

LIMPOUMO (CANCIÓN E COREOGRAFÍA PARA O DESFILE DE ENTROIDO)

O Entroido está moi preto, e dende os Equipos de Dinamización da Lingua Galega, Actividades Complementarias e Extraescolares e Biblioteca, queremos deixarvos a canción coa que imos desfilar o vindeiro venres, 25 de febreiro.

Trátase dunha adaptación en galego da canción "SloMo" (Chanel) que irá a Eurovisión.

Como non nos chistaba a súa letra, decidimos parodiala, coa retranca que caracteriza a estas datas festivas, e enmarcala dentro do PDI deste curso: "Mergullo nas Rías".

Practicádea moito na casa, e a vindeira semana, faremos un casting para gravar as vosas voces, e quitar a que hai provisionalmente.

Aquí tedes a letra:

E aquí o vídeo-karaoke e a coreografía que argallaron Marta e Yasmina de 6ºA de Educación Primaria: