miércoles, 28 de noviembre de 2018

GAÑAMOS O 2º PREMIO DO VIII CERTAME DE CURTAS DA AS-PG

O pasado martes, 27 de novembro, varios representantes do Carballal acudiron á Gala de Entrega de Premios do VIII Certame de Curtas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega que se celebrou no Centro Galego das Artes da Imaxe de A Coruña.
Viñemos moi ledos porque "Fals'e traedor", curta-videoclip argallada polo alumnado que agora cursa 6º de Primaria, gañou o 2º Premio da categoría de Centros de Ensino.
A contía é de 500 euros, cos que agardamos mellorar o material adicado a actividades audiovisuais.
Moitísimos parabéns!!!
Aquí tedes un pequeno resumo da gala...

martes, 20 de noviembre de 2018

GUÍAS DE LECTURA 2018/2019

A Coordinadora de EDLG do Morrazo enviounos estas fantásticas guías de lectura para Infantil e Primaria que agardamos vos sexan de moita utilidade.
Grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, témolas impresas e repartidas entre o alumnado.




Levan unha fermosa mensaxe do ilustrador Marc Taeger e un lema do poeta marinense de adopción: Eduardo Víctor Castro López.
Aí as tedes!




lunes, 19 de noviembre de 2018

VISITAMOS O CASTRO DA SUBIDÁ

O alumnado de 4º de Primaria realizou outra actividade para o PDI: "Marín: de todo un chisquín".
Na mañá do luns, 19 de novembro, foron a pé cara o Castro da Subidá e contaron cunha explicación de excepción grazas a Cristina, nai de Lola.
Aprendemos moitísimas cousas e pasámolo realmente ben!!!
Dende alí, realizamos un programa de radio que aquí vos deixamos:


Versión podcast: 


viernes, 16 de noviembre de 2018

FINALISTAS NO VIII CERTAME DE CURTAS DA AS-PG E NO OUFF ESCOLA

Esta semana recibimos dúas noticias estupendas!!!

O traballo "Fals'e traedor", realizado polo alumnado que agora cursa 6º de Primaria, é un dos tres finalistas do VIII Certame de Curtas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
De eses tres finalistas sairán dous premiados: 1º premio (1000 euros) e 2º premio (500 euros).



A gala será o vindeiro martes, 27 de novembro, ás 18:00 horas, no Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña.
O alumnado implicado pode asistir ao evento coas súas familias aínda que irán dous representantes do profesorado.



Moita sorte!!!


Os outros dous finalistas son estes:



Por outra banda, somos finalistas no Ouff Escola de Ourense, a onde enviamos catro traballos: "Xa non teño medo", "A Bruxa das Antenas", "Ruxerruxe nas Ondas" e "Fals'e traedor".
A gala de entrega de premios será o vindeiro luns, 3 de decembro, ás 11:00 horas, no Auditorio Municipal de Ourense.
O 1º premio é de 600 euros, o 2º premio é de 400 euros e hai un premio especial de 300 euros.



O alumnado de 6º de Primaria irá como representante do centro.
Moitísima sorte tamén a todos e todas!!!



CUCAÑAS-CROSS ESCOLAR-VIDEOCLIP

O pasado venres, día 16 de novembro, o alumnado de 6º de Primaria, foi convidado polo IES Mestre Landín para participar nas "Cucañas 2018".
Trátase dun circuito conformado por 21 probas deportivas, artísticas, de pericia, sabedoría... que este ano estivo adicado ao mundo dos inventos.
Os equipos gañadores tiveron premios e a rapazada pasouno de medo!!!


O mércores, día 14 de novembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria acudiu a unha xornada de cross escolar organizada pola Delegación Provincial de Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Marín.
Como podedes ver na foto, algúns nenos e nenas do cole quedaron clasificados nos primeiros postos!


Prensa: 

Para rematar, queremos informarvos que xa estamos ultimando o primeiro videoclip de este curso e que está relacionado con Marín.



O único que podemos adiantarvos é o seu título: "Regueifando en Marín".

CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ: "A CAPIROTA"

O vindeiro 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e, como cadra en domingo, traballaremos esta temática no cole o venres día 23.
Xa que o PDI de este curso trata da nosa vila, centraremos o evento na figura dunha muller marinense, nai solteira de 29 anos, sen afiliacións políticas ou sindicais, que en agosto de 1936 foi violada, torturada e asasinada no "Pozo da Revolta" a mans dunha manda de homes, entre os que estaba o capitán Bruno Schweiger.


Esa muller era a lavandeira e costureira, Carmen Pesqueira Domínguez, máis coñecida como "A Capirota".


Existe unha plaza na nosa vila que leva o seu nome e que nós recreamos no colexio.


A súa historia vai ser narrada por Claudina, compoñente de "Espazo feminista Marín", que aceptou amablemente, a nosa invitación.

Na recreación desa plaza, poderedes deixar: propósitos escritos para o futuro, pareados que a honren, agasallos, mensaxes e todo o que se vos ocurra.



Trataremos tamén a linguaxe inclusiva para non discriminar ás mulleres... xa sabedes, debemos dicir alumnos e alumnas, ou alumnado... pero nunca alumnos, para referirnos a un grupo no que hai tanto homes coma mulleres.

Aquí tedes o resultado final da nosa actividade cun vídeo-resumo da mañá do día 23 de novembro...



Para rematar, deixamos unha foto dos bolis que nos mandou o Concello de Marín para esta data e un videoclip argallado por exalumnos/as hai 4 cursos e que trata a igualdade de xénero: "María e Brais".





Se queredes investigar máis: 

martes, 13 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018

O Magosto de este ano estivo enchoupado por rasgos da nosa vila.
Os envases foron argallados seguindo o lema: "Marín nun cesto de castañas".
Houbo premios para as máis representativas e tamén traballamos algúns refráns, cantigas e expresións relacionadas coas castañas.
A verdade é que quedamos abraiados da cantidade de obras de arte que había...
Bailamos moito coa música, desfrutamos cos xogos populares e comemos choripán e castañas a escachar regadas con bebidas refrescantes.
Coma sempre, tivemos a colabración da ANPA "Viñas Blancas" e do alumnado de 6º de Primaria.
Unha vez máis damos as grazas ás familias pola estupenda resposta á proposta que fixemos dende o cole.
Xa temos unha actividade máis para o noso PDI: "Marín: de todo un chisquín".
Aquí tedes unha mostra do día de hoxe:


E aquí podedes ver o Magosto doutros anos:


domingo, 11 de noviembre de 2018

SEMINARIO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

O pasado sábado, 10 de novembro, representantes do noso colexio estiveron na Universidade de Santiago de Compostela, invitados polo Grupo de Investigación Esculca.


Expuxeron o noso proxecto audiovisual dentro do "Seminario Nacional de Atención ao Alumnado Inmigrante", que nesta XII edición, estivo adicado á música e o cine como ferramentas educativas.
Moitas grazas por contar con nós!!!


Aquí podedes escoitar un programa de radio-resumo desa exposición:


Versión Podcast: 

martes, 6 de noviembre de 2018

VISITA DA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN

Esta mañá estivo no cole a Conselleira de Educación: Carmen María Pomar Tojo.
Viña acompañada polo Xefe Territorial, o Delegado Provincial, o noso Inspector e a Alcaldesa de Marín, María Ramallo.



No seu paso polo recuncho de Tambo quixemos aproveitar para facerlle unha entrevista radiofónica dende "Ruxerruxe nas Ondas Radio" e achegarnos un chisco ao seu lado máis humano e persoal.
Deixámosvos coas preguntas que lle fixeron os alumnos/as de 6º de Primaria: Ángela, Santiago e Sara!!!


Versión Podcast: 


lunes, 5 de noviembre de 2018

MARÍN NUN CESTO DE CASTAÑAS

O vindeiro martes, 13 de novembro, celebraremos o Magosto no Carballal e queremos propoñervos a actividade que podedes ollar neste cartaz:


O pasado curso deseñastes tamén, uns cestos abraiantes, relacionados co Proxecto Documental Integrado (PDI).
Aquí tedes algúns que quizais vos sirvan de inspiración á hora de deseñar os de este ano:


Por outra banda, informarvos que comezan a chegar os primeiros relatos sobre Marín para o concurso.
Animádevos a participar porque o conto gañador, xa sabedes que se convertirá nun videoclip, durante o segundo trimestre.