sábado, 23 de diciembre de 2023

FESTA DE FIN DE ANO - BELÉN DEPORTIVO

O pasado xoves, 21 de decembro, foi o colofón das actividades relacionadas co Nadal do Carballal.


Fixemos unha Festa de Fin de Ano por anticipado e papamos un gusaniño con cada badalada.

Viñemos vestidos de gala e sacamos instantáneas no photocall.

Enviamos cartas a nenos/as doutros coles, tivemos festuqui nas aulas e un gran baile anegado de música no ximnasio e nos patios exteriores.


Houbo tres actuacións especiais: acrosport (alumnado de 5º de Educación Primaria), coreografía da canción "Jingle bells rock" (alumnado de 4º de Educación Primaria) e a interpretación ao vivo dunha panxoliña por parte dos mestres e mestras que fala do PDI anual "Pídecho o corpo - Healthy lifestyle" (no vídeo resumo poderedes escoitar a súa gravación en estudio desta versión da canción "Pídechas o corpo" de Ana Kiro).


Coma sempre, o colexio estivo decorado pero, o mellor, foi o Belén Deportivo que argallamos entre todos/as.

Despedimos tamén con moita pena á mestra Sonia e ao mestre Pedro... que vos vaia moi ben nos novos destinos!!!

Aquí tedes un vídeo-resumo da xornada que agardamos sexa do voso agrado e reflicta o ben que o pasamos, tambeiros/as!!!

Desexamos que pasedes unhas boas vacacións coas vosas familias logo deste trimestre tan longo... e que aproveitedes para ler arreo e descansar.

Bo Nadal e feliz ano 2024!!!

Vémonos en xaneiro...

martes, 19 de diciembre de 2023

GUÍAS DE LECTURA - CAMPIÓNS DE XADREZ - LECTURA E FAMILIAS

Xa temos listas as guías de lectura que como cada ano elaboran os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo, no que tamén está o noso colexio.

Este ano ten unha ilustración ben chula!!!

Como sabedes, nela temos recomendacións lectoras en galego que vos poden servir para facer agasallos neste Nadal.

Podedes pedirlle ao Palpador ou aos Reis Magos calquera deses libros!!!

Aquí tedes as suxerencias para Educación Infantil e Educación Primaria.



Por outra banda, xa temos gañador do Concurso de Xadrez que se vén desenvolvendo ao longo deste 1º trimestre: Manuel Alonso.


O segundo clasificado foi Adrian.
O terceiro clasificado foi Andrés e o cuarto foi Manuel Márquez.


Moitos parabéns aos catro alumnos de 6º de Educación Primaria á espera de recibir o trofeo!!!

Para rematar, queremos informarvos que o Programa "Lectura e Familias" xa está en marcha.


Levaredes un cuestionario á casiña para que as vosas familias poidan anotarse e así, impartir algunha charla, obradoiro, contacontos, etc.
Deste xeito poderemos organizarnos ben e non deixar a ninguén fóra das actividades.


A temática debe estar relacionada co PDI "Healthy Lifestyle"... animádevos a participar tambeiros/as!!!

sábado, 16 de diciembre de 2023

ACTIVIDADES DE NADAL - PLAN DIRECTOR - CLUB XADREZ MARÍN

Esta semana tivemos no Carballal catro actividades relacionadas co Nadal.

A primeira delas foi o pasado venres, 15 de decembro, durante a mañá.



O alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria acudiu en bus á Oficina de Correos para enviar a súa carta aos Reis Magos.



Aproveitaron a saída para viaxar no carrusel que hai na Alameda, logo da merendola que zamparon pola zona.


Estiveron tamén na Praza de Abastos vendo a súa decoración e curiosearon no posto de artesanía que hai na súa entrada.



Esa mesma tarde celebrouse o Festival de Nadal organizado pola ANPA "Viñas Blancas".

Houbo unha chea de cousas: visita de Papá Noel, actuación das Actividades Extraescolares, o Mago Paco... e moita decoración!!!


A rapazada pasouno estupendamente e houbo unha gran afluencia de xente.



O sábado, 16 de decembro, na Alameda de Marín, tivemos unha nova actividade.


Consistiu no Mercadillo de Nadal organizado polo Concello cada ano, ao que acuden as ANPAS para recaudar fondos que permitan facer as súas iniciativas.


Nel participan todos os colexios do municipio e tamén acudiu a Alcaldesa, María Ramallo.


A rapazada tamén vendeu unha chea de obxectos decorativos artesanais para recaudar fondos para a excursión de 6º de Educación Primaria.

Un dos obxectos estrela foron os xabróns que fabricaron a man o pasado xoves, 14 de decembro, no colexio, grazas á axuda de varias nais do alumnado.


O Diario de Pontevedra fixo eco do evento publicando unha noticia que podedes visualizar premendo na seguinte ligazón.


A última actividade navideña foi o pasado domingo, 17 de decembro, e estivo organizada pola ANPA.


Consistiu nunha excursión ao parque temático sobre o Nadal "Perlim", situado en Portugal, no que a rapazada pasouno realmente ben.


Para rematar, tivemos tamén dúas charlas ben interesantes o pasado luns, 11 de decembro.

Unha delas foi sobre ciberacoso, correspondente ao Plan Director.

Estivo dirixida, nesta ocasión, ao alumnado de 5º de Educación Primaria por parte da Policía Nacional e foi na propia aula.



A segunda foi sobre xadrez e estivo dirixida a todo o alumnado de Educación Primaria no ximnasio e na biblioteca.



Acudiron ao colexio dous membros do Club Xadrez Marín (Benjamín e Miguel) para contarnos as vantaxes desta disciplina, tamén considerada deporte, que axuda a coidar a nosa mente.

A actividade está promocionada polo Concello de Marín.


Voltaron o mércores, 13 de decembro, para facer unha actividade cos gañadores das primeiras roldas do torneo que estamos a celebrar no colexio e así explicar algunhas xogadas estratéxicas e principios básicos.

Deron uns diplomas aos participantes.

Chegaron a xogar con cinco alumnos/as á vez e pasámolo realmente ben, pois o xadrez, é unha disciplina moi divertida que expande a nosa intelixencia.


martes, 5 de diciembre de 2023

TREN DE NADAL - TORNEO DE XADREZ - GAÑADORES DE NOVEMBRO DO "DÁLLE AO COCO"

Esta semana tivemos dúas actividades ben divertidas no Carballal durante a mañá do martes, 5 de decembro.


A primeira estivo relacionada co Nadal... que aínda que non o pareza, xa está aí!!!



Consistiu no tradicional Tren de Nadal.



Como sabedes, esta actividade é posible grazas ao Concello de Marín.



Durante toda a mañá, fomos dar unha voltiña pola nosa vila por quendas de idade.



Pasámolo moi ben saudando á xente e vendo os adornos nas rúas.




A segunda actividade estivo relacionada co xadrez pois comezou o torneo anunciado na biblioteca para os tres ciclos.

Tivo unha grande participación e, en breve, penduraremos os resultados desta primeira fase, tambeiros/as.


Para rematar, deixamos os gañadores do "Dálle ao coco" do mes de novembro... moitos parabéns aos afortunados/as!!!

Agardamos que pasedes unha agradable ponte!!!