viernes, 30 de abril de 2021

MAIOS E EMBARCACIÓNS 2021

Esta semana celebramos a Festa dos Maios no Carballal e confeccionamos un ben bonito entre toda a comunidade educativa.

Elaboramos coplas relacionadas co PDI 2020/2021 "Heroes enmascarados" e interpretámolas ao vivo da forma tradicional.

Participamos no concurso convocado polo Ateneo Santa Cecilia e aprendemos moito sobre: pampullos, espadaina, fiúncho, coroas, etc.

A calidade dos Maios foi tan boa que o xurado decidiu conceder os premios "ex aequo" (160 euros).




O alumnado de Educación Infantil elaborou un segundo Maio coas sobras á súa medida... e será exposto no Museo "Manuel Torres" de Marín.


Deixamos un vídeo resumo coa canción máis mítica dedicada a esta festividade de fondo, que agardamos sexa do voso agrado.


Para rematar, queremos felicitar a todo o alumnado, por actuar como verdadeiros heroes e heroínas durante o cribado realizado esta semana no cole con probas pcr... no que non houbo ningún positivo!


Bo Maio tambeiros/as!!!

viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021: "OS LIBROS SALVARÁN O PLANETA

Esta semana festexamos no Carballal o Día do Libro (23 de abril).
Dende o recuncho de Tambo argallamos tres actividades para ensalzar os marabillosos contos que nos fan soñar.


1. O conto da miña vida.
Eliximos varios contos, ilustramos a súa tapa e... con todos os debuxos, elaboraremos un propio para agasallar a Tambo no seu novo recuncho.


2. Padriños Lectores (Contacontos).
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria narrou e dramatizou, por parellas e dunha forma ben divertida, como auténticos heroes e heroínas, unha chea de contos clásicos ao resto da rapazada do cole como: Garavanciño, A cebra Camila, Os tres porquiños, Carapuchiña Vermella, Hansel e Gretel, Elmer, O patiño feo, Cincenta, etc.


3. Agasallando libros.
Dende a biblioteca, agasallamos con libros aos cativos e cativas para que poidan vivir aventuras e emocións.


Deixamos un vídeo resumo como testemuño deste gran día:


O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares deseñou unha fermosa curtametraxe para este día, na que participa toda a rapazada do colexio e que será exposta no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ("Emerxencia literaria: libros para salvar o planeta").
Todos e todas, coma bos heroes e heroínas, pescudamos solucións para sanar á Terra das súas dolencias.
Agardamos que vos guste Tambeiros/as!!!

miércoles, 14 de abril de 2021

COREOGRAFÍA - XELA ARIAS

Xa queda menos para o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Como sabedes, como vén sendo habitual no Carballal, faremos un videoclip dunha canción que compuxemos a partir dun dos poemas que aparecen en "Darío a diario", que levará: unha dramatización introdutoria extraída do libro "Non te amola", ilustracións feitas polo alumnado, fotografías da homenaxeada e un baile.

Unha vez aprendida a letra do poema (xa pendurada e que titulamos "Canto sei") debedes practicar o retrouso cantado e a súa coreografía.

Argallouna Lola, alumna de 6º de Primaria:


Se premedes na imaxe, poderedes escoitar a primeira versión completa da canción que aínda non ten a totalidade das vosas voces... pero sérvenos para practicar.
A vindeira semana gravaremos esas voces coa rapazada de Audiovisuais" (4º de Primaria).


Para rematar, deixamos a ligazón dun vídeo producido no Colexio San Pío X de Ourense no que nos mostran a vida e obra de Xela Arias Castaño.