martes, 26 de marzo de 2019

FESTAS DE MARÍN #1: FESTA CORSARIA

-Celébrase dende 2012 (sétima edición).
-Homenaxea a figura de Juan Gago de Mendoza (armador e temido corsario, ás ordes do Rei Calos IV, que construíu o Pazo de Chirleu de Aguete).
-Liberou a Marín dos franceses en 1809 coas Alarmas do Morrazo (veciños da zona dispostos a loitar acaudillados por el).
-Para máis información preme nas seguintes ligazóns: 
https://www.festacorsaria.com/
https://www.youtube.com/watch?v=_9DtjqW2pO0

RECUNCHOS DE MARÍN #1: RÚA DA RODA

-Rúa peonil que vai de Concepción Arenal a Méndez Núñez (Alameda). Paralela a Jaime Janer e A Estrada.
-Nesta zona había antigamente unha fábrica de chocolate.
-Nun dos seus apéndices, fronte á Rúa Fondo do Saco, está a pequena e pasaxeira Praza da Capirota (homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez, muller valente e loitadora polos dereitos dos traballadores) que posúe un pequeno xardín, unha bancada de madeira e unha placa conmemorativa.
-Máis información: 
https://www.youtube.com/watch?v=C1vKd6coMK4&t=117s

viernes, 22 de marzo de 2019

VISITA DE CÉSAR LOUREIRO SOBRAL

O pasado venres, 22 de marzo, estivo no cole o afamado luthier de zanfonas marinense e exalumno do Carballal: César Loureiro Sobral.
A actividade estivo dirixida ao alumnado de 6º de primaria e está enmarcada dentro do PDI de este curso: "Marín, de todo un chisquín".
Contounos os segredos do seu fermoso oficio e explicounos moitas cousas sobre as zanfonas, entre elas, o dispositivo revolucionario que argallou: o ZanfoBot.
Tamén interpretou varias pezas e algunha... a ritmo de BeatBox.
Conseguimos o contacto grazas a Santiago Otero, un dos seus compañeiros de batalla sobre a bicicleta os domingos pola mañá.
Impresionounos moito a súa historia de vida, na que nos contou como colleu folgos de novo tras perder un dedo e decidir adicarse de cheo á luthería.
Gozamos a escachar coa súa presencia!!!


Invitounos ao seu taller para ver in situ como traballa e agardamos ir canto antes.
Mirádeo neste vídeo...


Moitas grazas pola túa agradable e desinteresada visita!!!

jueves, 21 de marzo de 2019

A FURGONETA BRANCA

A madriña da nosa biblioteca escolar, Fina Casalderrey, vén de publicar o seu último libro infantil: "A furgoneta branca".
Presentouno onte, 20 de marzo, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e houbo cheo ata a bandeira.
Está ilustrado por  Lucía Cobo e editado por Xerais.
Deixamos unha foto da profe Chus recollendo o exemplar que mercamos para o recuncho de Tambo e que está adicado a todos os tambeir@s.
Parabéns polo traballo madriña!!!

miércoles, 20 de marzo de 2019

AS PRAIAS DE MARÍN E CONCURSO DE RELATOS DA CADENA SER

O pasado venres, 15 de marzo, o alumnado de 1º de primaria gozou dunha saída ás praias do noso concello para realizar unha chea de tarefas científicas, artísticas e lúdicas que moi pronto veremos reflectidas.
Deixamos unha fermosa actividade literaria en galego na que recitaron uns acrósticos relacionados co nome destes areais, compostos por Eduardo Víctor Castro López.
Con este poemario queremos festexar o "Día da Poesía" (21 de marzo).
Agardamos que sexan do voso agrado tambeir@s!!!


Por outra banda, queremos comunicarvos que a nosa coidadora Eva é a gañadora semanal do concurso "Relatos en Cadena", da Cadena Ser.
Para que pase a unha fase superior precisa do teu voto.
Podedes facelo premendo na seguinte ligazón:


Mil parabéns Eva!!!

martes, 19 de marzo de 2019

CLUB DE LECTURA

O pasado venres, 15 de marzo, tivo lugar no recuncho de Tambo a terceira sesión anual do Club de Lectura.
O libro a tratar foi "La pequeña coral de la Señorita Collignon" (Lluis Prats) e dirixiuna a profe Mili.
Trátase dunha historia musical na que unha mestra crea unha pequena coral para causar motivacion no seu alumnado.
Debido á similitude temática, comezamos coa visualización do trailer de "Los chicos del coro".


Aínda que ao comezo pareceulles algo aburrida, logo mesturouse cunha historia de amor, amizade, cariño e responsabilidade que enganchou á rapazada ata chegar a un final inesperado.
A reunión rematou cunha papadela de chocolate, orellóns e unhas galletas ben ricas.


A seguinte quenda será coa profe Eva que xa presentou o libro a comentar: "Ojo de Nube" de Ricardo Gómez Gil.
Foi gañador do Premio Barco de Vapor 2006... agardámosvos!!!

lunes, 18 de marzo de 2019

REVOLUCIONANDO PERSONAXES


Ola!:

Supoño que me coñecedes, pero se non é así, preséntome. 


Son Frankenstein, un personaxe revolucionario por varios motivos: A miña historia é considerada a primeira historia moderna de ciencia ficción, ademais dunha excelente novela de terror gótico. Fun creado por una muller, Mary Shelley, nunha época (ano 1818) na que poucas mulleres escribían. A idea do meu personaxe xurdiu nun momento no que tamén o clima estaba revolucionado, durante o verán boreal de 1816, o chamado «ano sen verán», no que o hemisferio norte soportou un longo e frío «inverno volcánico» debido á erupción do volcán Tambora. E son o resultado da unión de distintas partes doutros corpos;


O CEIP do Carballal, tamén quere facer unha revolución. Pero que significado ten revolución?


Segundo a RAG:

Revolución. substantivo feminino

3  (por extensión) Cambio profundo e brusco en calquera cousa.

4  Volta arredor dun eixe.


Pois ben:

Co noso traballo, propoñémosvos que revolucionedes (dando voltas e provocando cambios) os nosos personaxes, e creedes o voso. Se ademais o compartides con nós, estaremos encantados.


Como compartir con nós a vosa creación


1º.- Descárgate a seguinte aplicación gratuíta(de Google Play ou de App Store):


 



2º.- Ábrea e preme en “Engadir proxecto” (arriba, á dereita). Teclea “Revolucionando contos...”. Aparecerache o noso proxecto. Ábreo

3º.-Vai seguindo as indicacións que che damos.


LISTO!!!!! Xa estará con nós a túa creación!!!!!

Procuraremos publicala no noso blog “O recuncho de Tambo”

GRAZAS POR COLABORAR!!!

Deixamos unhas fotos da fantástica creación que enviamos ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra... agardamos que vos guste!!!

viernes, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

Estaba cantado!!!
O PDI de este curso ("Marín, de todo un chisquín") auguraba un Entroido centrado na nosa vila.
Traballamos algunhas paraxes naturais e as festas tradicionais: Enterro da Sardiña, Danza das Espadas e San Miguel, Festas do Carmen coas súas Autoridades, Festa Corsaria, Petróglifos de Mogor, O Mar, etc.


A música corresponde a unha adaptación da Marcha do Enterro da Sardiña (colaboración de Queta Molas e o Sr. Pesqueira) na que o alumnado de 5º e 6º de primaria aproveita para facer burla dos profes e profas, como está mandado no Entroido e sen as censuras que había hai anos...
A Ladaíña da Sardiña e o Manifesto realizouse coa axuda da profe Chus.


Comezamos cunha degustación de postres típicos na que colaborou a ANPA "Viñas Blancas".
Recreamos a Praza de España coa súa farola grazas ás mestras Charo e Mili e por alí desfilamos todos.
Aquí tedes o resultado dunha mañá marabillosa!!!


Deixamos tamén algúns vídeos de cursos pasados por se queredes lembrar... a desfrutar das minivacacións tambeir@s!!!