viernes, 22 de marzo de 2019

VISITA DE CÉSAR LOUREIRO SOBRAL

O pasado venres, 22 de marzo, estivo no cole o afamado luthier de zanfonas marinense e exalumno do Carballal: César Loureiro Sobral.
A actividade estivo dirixida ao alumnado de 6º de primaria e está enmarcada dentro do PDI de este curso: "Marín, de todo un chisquín".
Contounos os segredos do seu fermoso oficio e explicounos moitas cousas sobre as zanfonas, entre elas, o dispositivo revolucionario que argallou: o ZanfoBot.
Tamén interpretou varias pezas e algunha... a ritmo de BeatBox.
Conseguimos o contacto grazas a Santiago Otero, un dos seus compañeiros de batalla sobre a bicicleta os domingos pola mañá.
Impresionounos moito a súa historia de vida, na que nos contou como colleu folgos de novo tras perder un dedo e decidir adicarse de cheo á luthería.
Gozamos a escachar coa súa presencia!!!


Invitounos ao seu taller para ver in situ como traballa e agardamos ir canto antes.
Mirádeo neste vídeo...


Moitas grazas pola túa agradable e desinteresada visita!!!