lunes, 23 de mayo de 2022

MERGULLO NAS RÍAS - VIDEOCLIP

Todo o alumnado de 4º de Educación Primaria vén de publicar o videoclip baseado no conto gañador do concurso que propuxo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega no 1º trimestre coa temática do PDI 2021/2022: "Mergullo nas Rías".

Os autores dese conto son: Ceibe, Aldhara, Lois e Lucía.

Con el xa temos o himno do PDI e unha coreografía ben sinxela que podedes aprender mentres cantades.

Agardamos que vos guste tambeiros/as!!!


Este traballo será enviado ao Concurso Audiovisual Escolar "Olloboi", no que vimos participando dende hai moitos anos.

Polo seu décimo aniversario, elaboraron o documental "Cadernas de Olloboi", no que aparece o Carballal.

Deixámolo aquí por se queredes botar unha ollada e darvos de conta que o audiovisual é unha potente ferramenta educativa!

viernes, 13 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

O pasado venres, 13 de maio, celebramos por anticipado o Día das Letras Galegas 2022 no Carballal.

Robustiano e Clodomira (Leyre e Santiago) fixeron a presentación do acto, e Iria e Marta, contáronnos algo sobre a biografía do homenaxeado: Florencio Manuel Delgado Gurriarán.

Interpretamos, ao vivo, dúas cancións baseadas en poemas seus: "Autoxenreira" (Música do alumnado de 4º de Educación Primaria) e "Aí vén o Maio" (Música do mestre Nacho Hermida do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras).

Levamos cartaces con palabras en galego relacionadas co mar, xa que o PDI deste ano é: "Mergullo nas rías".

O alumnado de 2º de Educación Primaria deseñou tamén unhas fermosas carautas coa faciana do homenaxeado.

Aquí tedes dous vídeos da xornada!!!



E aquí o videoclip que argallaron os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria e a entrevista radiofónica que lles fixeron en Pontevedra Viva Radio (Conversas na Ferrería).



Xa sabedes, se falades galego, facédeo con todos e con todas... e con todes!!!
Feliz Día das Letras Galegas tambeiros/as!!!

viernes, 6 de mayo de 2022

SAÍDA DO 1º CICLO DE PRIMARIA

O pasado mércores, 4 de maio, o alumnao de 1º e 2º de Educación Primaria realizou unha saída.

Estivo relacionada co PDI "Mergullo nas Rías"... aínda que contounos un paxaro que tamén andan a argallar actividades sobre a flotación.


Foron á Praza de Abastos de Marín a mercar produtos do mar.


Posteriormente, no colexio, cociñáronnos e papáronnos todos!!!

jueves, 5 de mayo de 2022

ESCOLA DE FAMILIAS 2022

Comezou xa a Escola de Familias no Carballal de forma grupal, aínda que tamén hai opción a sesións individuais.


Animáronse algunhas a participar pero... aínda estades a tempo de anotarvos para as vindeiras quendas.


Aquí tedes toda a información necesaria:


Para calquera dúbida ou consulta, poñédevos en contacto co Departamento de Orientación do centro.