martes, 20 de diciembre de 2016

BO NADAL 2016!

Dende o recuncho de Tambo desexámosvos a todos/as unhas boas festas con estes monólogos navideños argallados polos nenos e nenas de 6ºB.



Deixamos unha mostra da decoración do cole e das actividades que tivemos esta semana: visita dos Reis Magos, concerto de panxoliñas, xogo do pasapalabra, etc. 
Agradecemos unha vez máis a colaboración da ANPA "Viñas Blancas".




Temos tamén unha despedida porque Samuel, de 5º de Primaria, ten unha mensaxe dos seus compañeiros/as xa que este Nadal, deixa o noso colexio...



Por outra banda, queremos informar de que xa están listos os carnets e a coordinadora, a mestra Chus, e máis o equipo de biblioteca, fará o reparto moi prontiño. Aí tedes unhas fotos do seu deseño.




Lembrade, por último, que á volta das vacacións reabriremos a biblio cun acto especial cargado de sorpresas ao que acudirá a nosa madriña: Fina Casalderrey.
Apertas e agardamos que comecedes ben o ano!


jueves, 8 de diciembre de 2016

"NUNCA ARRANQUES CON UN CHUPITO" (CURTA)

O alumnado de 5º de Primaria da materia de Valores Sociais e Cívicos fixo esta curta de un minutiño sobre Educación Vial para aportar o seu graniño de area nas actividades realizadas para o Plan Proxecta 2016-2017.
Agardamos que vos guste dende o recuncho de Tambo!


sábado, 26 de noviembre de 2016

"O COLE QUE QUEREMOS" (VIDEOCLIP)

Como sabedes, o PDI que este curso propuxo o recuncho de Tambo, leva por título: "O mundo que queremos"... seguindo a temática que traballará o Salón do Libro de Pontevedra.
O alumnado de 4º de Primaria compuxo unha canción na materia de Audiovisuais, seguindo esa liña, que fala do colexio que lles gustaría ter. 
Para iso, con algo de humor e retranca, argallaron este videoclip-protesta: "O cole que queremos".
Agardamos que vos guste!!!


E aquí tedes a versión karaoke por se queredes cantar!!!

viernes, 25 de noviembre de 2016

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, celebramos no cole o Día Internacional contra a Violencia de Xénero con moitas actividades.
Houbo contacontos no recuncho de Tambo, lectura de historias inventadas polo alumnado, interpretación crítica de textos e algunha canción ("Sorriso triste" de Seso Durán e Olga Lalín).
Estamos moi agradecidos ao C.I.M. do Concello de Marín pola achega dun fermoso conto e polo material co que fixemos un distintivo ben bonito.
Deixamos un pequeno vídeo con algúns momentos destacados.


viernes, 11 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

Hoxe celebramos o Magosto no cole papando castañas, xogando, bailando e pintando a cara con carbón.
O alumnado fixo unhas cestas relacionadas co PDI deste ano e que promove O Recuncho de Tambo: "O mundo que queremos"... e decidiron que estiveran relacionadas coa ecoloxía. 
Saíron auténticas marabillas e algunhas foron premiadas.
Aínda que haberá máis vídeos, deixamos un como adianto para que vexades que ben o pasamos.
Agradecer á ANPA "Viñas Blancas" a súa colaboración.



martes, 8 de noviembre de 2016

SAÍDA AO IES "MESTRE LANDÍN" (VIII EDICIÓN DE CUCAÑAS)

O pasado 28 de outubro, o alumnado de 6º de Primaria, acudiu á "VIII Edición de Cucañas" convidados polo persoal do IES Mestre Landín.
Dende a biblio do cole apoiamos este tipo de iniciativas que manteñen viva a tradición.
Mirade que ben o pasaron!!!


viernes, 4 de noviembre de 2016

PULGARCITO

Dende "O recuncho de Tambo" sempre recomendamos asistir a eventos relacionados coa linguaxe literaria: narrativa, poesía e teatro. 
O alumnado de 3º de Primaria tivo conta disto e desfrutou da obra "Pulgarcito" o pasado día 2 de novembro en Pontevedra.

jueves, 27 de octubre de 2016

SAMAÍN 2016

Mañá, e como todos os anos, celebraremos o Samaín no colexio.
Deixamos unha mostra do marabilloso labor de ambientación que a ANPA "Viñas Blancas" desenrola cada curso.
Estades todos/as convidados... Preparados?


E para os que lle puido o canguelo, deixamos o percorrido completo do "Túnel do terror" que a ANPA "Viñas Blancas" preparou para todos nós... a ver se agora atrevédesvos a miralo!
Un traballo impresionante. 
Mil parabéns dende "O Recuncho de Tambo"!!!


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Esta semana celebrouse o Día Das Bibliotecas Escolares e temos unha boa nova para celebralo, malia que non teñamos aínda as nosas portas abertas.
Este ano contaremos con 2000 euros (PLAMBE) para mercar novos fondos bibliográficos grazas ao traballo que o Equipo de Biblioteca desenrolou no curso 2015-2016.
Parabéns a todos/as... e ide pensando en libros que vos gustaría ter no Recuncho de Tambo!!!


miércoles, 19 de octubre de 2016

MEDITERRANEAMOS

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria disfrutou dunha actividade sobre a dieta mediterránea desenvolvida dentro do Plan Proxecta.
Ensináronnos un montón de cousas sobre os alimentos, fixemos unha brocheta riquísima e ata bailamos porque, non debemos esquecer, que unha boa dieta vai acompañada de actividade física.
Deixamos unha mostra dos cativos/as desfrutando e aprendendo a comer!


martes, 21 de junio de 2016

VISITA Á ILLA DE TAMBO

O ano pasado fixemos un traballo conxunto, todos os nenos/as do cole, sobre a illa de Tambo, no que investigamos sobre a súa flora, fauna, xeografía, historia, lendas, etc.
Como colofón a ese proxecto promovido pola biblioteca, hoxe puidemos visitar a illa para ver de primeira man o que alí hai.
Visitamos o destacamento militar, o merendeiro, o lazareto, a capela, o polvorín, desfrutamos da praia e dunha fermosa travesía en barco bordeando a illa e o seu faro de Tenlo.
Agardamos, dende o Recuncho de Tambo, que vos gustara a visita e esperamos voltar de novo con todo o alumnado, xa que por causas alleas ao cole e por seguridade, non puideron vir os cativos de Educación Infantil.
Deixamos aquí algunhas fotos das miles que hoxe se tiraron... somentes para que quede testemuña da nosa presencia en TAMBO.
Feliz verán e deica o próximo curso!!!



viernes, 17 de junio de 2016

VISITA DE JUAN SAAVEDRA

Hoxe tivemos a visita de Juan Saavedra Reinaldo, tirador paralímpico de carabina de Pontevedra.
Quedamos abraiados da cantidade de premios que conseguiu.
Agardamos que teña moita sorte este verán!





FAIME CASIÑO

O alumnado de 4º de Primaria quere enviarvos unha mensaxe por medio desta canción con videoclip: botade crema para protexervos do Sol!!!
A letra foi composta por algúns nenos e nenas do cole que agora están en 6º e que xa marchan para o instituto.
Fixemos un novo arranxo musical... a ver se vos gusta e... feliz verán a todos/as dende o Recuncho de Tambo!!!


miércoles, 15 de junio de 2016

XADREZ PARA REFUXIADOS SIRIOS

Hoxe tivemos unha charla con Pablo García e Daniel Rivera da Escola de Xadrez Pontevedra.
Achegáronse ao Recuncho de Tambo grazas ao profe Yeray para contarnos en primeira persoa a súa incrible experiencia como voluntarios no campo de refuxiados sirios en Xordania "Azraq", un dos máis avanzados do mundo.
Estiveron 16 días alí ensinando xadrez. Aínda que semella de pouca importancia, este deporte xoga un papel fundamental na ocupación do tempo nos longos días alí...
Parabéns polo voso labor humanitario!!!


miércoles, 8 de junio de 2016

O MAGO PACO NO RECUNCHO DE TAMBO

O Mago Paco dounos unha boa lección sobre ciencia hoxe no Recuncho de Tambo!!!


EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Estamos a facer unha exposición de instrumentos musicais na aula de Música.
Pouco a pouco iremos subindo vídeos do noso alumnado.

Polo de agora temos:

-Aroa tocando o piano.
-Pablo coa súa trompeta.
-Pablo coa súa guitarra.
-Daira co seu violín.

Agardamos que vos gusten estes talentos!!!






PDI: "BECHOS"

Comezan a chegar ao "Recuncho de Tambo" moitos bonecos de bechos feitos polo alumnado...
Noraboa por estas creacións!!!











domingo, 29 de mayo de 2016

OLLOBOI 2016

O alumnado de 4º de Primaria e os nenos/as de 6º de Primaria que cursan a materia de Valores Sociais e Cívicos, asistiron á gala de entrega dos Premios Olloboi 2016, xa que dous dos catro vídeos presentados a este concurso audiovisual escolar foron seleccionados finalistas en diferentes categorías.
Eses dous vídeos forman parte do P.D.I. que este curso propuxo o Recuncho de Tambo e son dúas adaptacións audiovisuais de dous contos da nosa biblioteca.
Non gañamos nada pero... pasámolo de medo en Boiro nunha gala do máis divertido!!!
Ánimo a todos/as para seguir traballando nesta liña.



sábado, 28 de mayo de 2016

APADRIÑAMENTOS LECTORES CON BAILE

A rapazada de Educación Infantil pode disfrutar todos os venres da lectura dun conto por parte do alumnado de 6º de Primaria que leva asociado un baile final.
Gran traballo!


miércoles, 25 de mayo de 2016

EXCURSIÓN A TAMBO

Animádevos e cumplimentade este cuestionario de sondaxe para que poidamos decidir se facemos a esperada visita á illa de Tambo.
Sería o colofón ao P.D.I. que desenrolamos o pasado curso no cole.


BIBLIOTECAS DE AULA

Hai uns anos, cando estabamos a facer expurgo, gardamos moitos libros para facer bibliotecas de aula.
Aquí temos a de 3ºB.




ULTIMANDO UN AGASALLO

Moi pronto teremos un agasallo do profe Yeray e da clase de 5ºA para o cole.
Poderemos usalo tamén no Recuncho de Tambo.
Que será?


martes, 24 de mayo de 2016

TRABALLOS DE INGLÉS PARA O P.D.I.

Aquí temos un fermoso mural feito polo alumnado do cole na materia de Inglés relacionado coa temática do P.D.I. que este ano propuxemos dende o Recuncho de Tambo e que coincide coa do Salón do Libro de Pontevedra.
Agardamos que vos guste!!!


miércoles, 18 de mayo de 2016

SAÍDA AO I.E.S. MESTRE LANDÍN

O alumnado de 5º de Primaria fixo a pasada semana unha saída ao I.E.S. Mestre Landín de Marín.
Recibíronnos con música, fixemos unha morea de actividades sobre o número Phi, compartimos patio con antigos alumnos/as deste centro e asistimos á estrea dunha obra de monicreques.
Algúns xa decidiron onde van estudar cando rematen no Carballal.
Foi unha mañá do máis entretida!!!


ACTO COMÚN CO GAIO DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas no cole cantando cancións coa profe Inés e recitando poemas de Manuel María que nos ensinou a profe Chus.
Rematamos o acto interpretando a nosa instrumentación do tema: "Galicia".
Aquí deixamos un pequeno testemuño!



lunes, 16 de mayo de 2016

PREMIOS OLLOBOI 2016

Obxectivo acadado, rapazada!!!

Podemos acudir á gala dos Premios Olloboi de Boiro o vindeiro sábado 28 de maio.

Temos tres nominacións:

-Olloboi Cómico con: "O Mosquito Federico".

-Olloboi DJ con: "O Mosquito Federico".


-Olloboi Online con: "Andrés Milpés".


Podedes ver toda a información na seguinte ligazón:
https://2016.olloboi.com/finalistas

Mil parabéns a todos/as os implicados/as!!!

jueves, 12 de mayo de 2016

PROGRAMA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Lembrade que o mércores, día 18 de maio, celebraremos o Día Das Letras Galegas co seguinte programa:


miércoles, 11 de mayo de 2016

CANTAMOS A MANUEL MARÍA

Como homenaxe a Manuel María, no Día Das Letras Galegas, compuxemos unha canción sobre un poema moi coñecido deste notable escritor, amante de Galicia e do galego.
Practicade moito porque o vindeiro mércores, día 18 de maio, interpretarémola en directo todos os nenos e nenas do Carballal.
Agardamos que vos guste dende o Recuncho de Tambo!!!

lunes, 9 de mayo de 2016

VIVINDO EN GALEGO

Marabilloso traballo conxunto dos centros de 
ensino do Morrazo para impulsar o emprego do 
galego!


martes, 3 de mayo de 2016

EXPOSICIÓN DIDÁCTICA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Onte tivemos unha marabillosa explicación no Recuncho de Tambo. 
O alumnado de 6º de Primaria quixo mostrarnos o ben que transmitiron coñecementos aos futuros mestres de Pontevedra a semana pasada.
Tamén nos recitaron algún poema de colleita propia!!









jueves, 28 de abril de 2016

"O MOSQUITO FEDERICO"

Novo videoclip feito polo alumnado de 4º de Primaria inspirándose nun conto do Recuncho de Tambo: "O Mosquito Federico".
Agardamos que vos guste!!!


miércoles, 27 de abril de 2016

INTERCAMBIO DE LIBROS NA HONRA DE MANUEL MARÍA

Recordade que este venres día 29 de abril será o intercambio de libros no "Recuncho de Tambo".
Todos os nenos/as que trouxestes un libro, poderedes coller outro diferente para propagar e compartir cultura.
Teredes un agarimoso agasallo moi doce!










miércoles, 20 de abril de 2016

"O SEGREDO DE MOAD"

Nova curta sobre bullying realizada polo alumnado de 6º de Primaria na asignatura de Valores Socias e Cívicos.
Agardamos que vos guste!!!



martes, 12 de abril de 2016

VISITA Á CASA-MUSEO DE ROSALÍA

No Recuncho de Tambo disfrutamos moito co libro-disco "Rosalía Pequeniña" de Uxía Senlle e Magín Blanco.
Para afondar máis sobre a vida desta grande poetisa, o alumnado do Primeiro Ciclo de Primaria,  fixo hoxe unha saída a Padrón para visitar a súa Casa-Museo.
Para rematar a xornada tivemos unha visita guiada no xardín botánico.



lunes, 11 de abril de 2016

CONTACONTOS CON MIGUEL ANXO ALONSO DIZ

Hoxe, os nenos e nenas do Primeiro Ciclo de Primaria, tivemos unha fermosa sesión de contacontos co escritor Miguel Anxo Alonso Diz.
Fixémoslle unha presentación especial xogando coas letras do seu nome.
Encantounos a actividade con luces na escuridade e mergullounos nas historias de tres dos seus contos.