Estás no blog da Biblioteca e do EDLG do CEIP do Carballal de Marín.
Son a tartaruga Tambo,
a súa mascota.
Agardo que pases un bo rato lendo as nosas lerias!
martes, 12 de abril de 2016
VISITA Á CASA-MUSEO DE ROSALÍA
No Recuncho de Tambo disfrutamos moito co libro-disco "Rosalía Pequeniña" de Uxía Senlle e Magín Blanco. Para afondar máis sobre a vida desta grande poetisa, o alumnado do Primeiro Ciclo de Primaria, fixo hoxe unha saída a Padrón para visitar a súa Casa-Museo. Para rematar a xornada tivemos unha visita guiada no xardín botánico.