martes, 25 de mayo de 2021

SOMOS FINALISTAS NO OLLOBOI 2021

Un ano máis, chega o Festival Audiovisual Escolar "Olloboi" de Boiro, unha iniciativa fermosa argallada por mestres que pretende dar visibilidade aos traballos escolares e que conta con cómplices do mundo do cine galego como Miguel De Lira, Federico Pérez ou Xosé Antonio Touriñán.

Temos o pracer de comunicarvos que somos finalistas con dous vídeos na sección "Peque".

O primeiro deles é unha curtametraxe na que participou todo o alumnado do cole e por iso estamos especialmente ledos: "Os libros salvarán o planeta".


O segundo é un stop motion que produciu o alumnado de 3º de Educación Primaria hai dous cursos: "Maruxa".


A gala de entrega de premios será o vindeiro sábado 12 de xuño ás 19:30, no Parque de A Cachada de Boiro e nela, vaise estrear o documental "Cadernas de Olloboi" que trata de dar testemuño aos 10 primeiros anos deste festival e na que o noso cole está representado nas entrevistas e vídeos-resumo.

Por motivos sanitarios recibidos dende a organización do festival, só asistirán algúns representantes do colexio.


Para máis información podedes premer na seguinte ligazón:


Moita sorte Tambeiros/as!!!

viernes, 14 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

O venres, 14 de maio, cuns días de antelación, festexamos no cole o Día das Letras Galegas que este ano está dedicado a Xela Arias Castaño.

Decoramos o patio exterior con banderíns que contiñan fermosas palabras en galego.

Fixemos tamén unhas actividades ben interesantes que podedes ver neste cartaz:


Deixamos un vídeo-resumo e desexámosvos que gocedes da nosa lingua o vindeiro día 17 de maio, un idioma fermoso para escribir, falar, facer música e expresar sentimentos únicos!!


Para rematar queremos deixar pendrado este vídeo ao vivo do aumno de 1º de Educación Primaria: Izhar.
Interpretou coa batería a canción "Canto sei!" no festival de fin de curso da academia na que estuda música.
Parabéns campión!!!

viernes, 7 de mayo de 2021

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA 2021

Hoxe venres, 7 de maio, rematan as actividades escolares do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que este curso... realizouse basicamente de forma virtual.

Orbil deixounos esta mensaxe personalizada...


As sesións diarias de contacontos foron ben divertidas, como podedes comprobar nesta instantánea.


Deixamos a ligazón do vídeo co que participamos este ano, no que aparece toda a rapazada do Carballal: "Os libros salvarán o planeta".

Trátase dunha curta reivindicativa para salvar o mundo das súas enfermidades coa axuda dos libros.


E para rematar, penduramos este fermoso traballo relacionado coa temática do Salón do Libro, argallado por: Martina, Victoria e Elba (5ºA de Educación Primaria).

martes, 4 de mayo de 2021

CANTO SEI! - VIDEOCLIP - XELA ARIAS

O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Obradoiro de Audiovisuais, vén de rematar un videoclip baseado nun poema do libro de Xela Arias: "Darío a diario".



Inclúe unha dramatización inspirada no libro recentemente editado "Non te amola" (descarga de balde), fotografías da autora, ilustracións e unha coreografía nos retrousos.


Será presentado o vindeiro mércores, 5 de maio, entre as 19:30 e as 20:00 horas, de forma virtual, nas Xornadas do Día das Letras Galegas organizado pola Consellería de Educación baixo o título: "Musicando a Xela Arias".
Podedes visualizar o cartaz na seguinte ligazón:


Agardamos que sexa do voso agrado!!!


Se queredes practicar somentes a coreografía, aquí tedes o vídeo de Lola.


Se desexades cantar sobre a base musical, podedes descargala premendo nesta ligazón:


O vindeiro venres, 14 de maio, festexaremos o Día das Letras Galegas no cole, cantando e bailando ao vivo, toda a comunidade educativa, a canción "Canto sei!" e presentaremos a biografía básica de Xela Arias Castaño por medio dunha pequena dramatización.
Ensaiade moito tambeiros/as!!!