domingo, 28 de febrero de 2021

XELA ARIAS

A Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas 2021 á poeta Xela Arias.
Como xa é tradicional no Carballal, instrumentaremos un dos seus poemas para facer un sinxelo videoclip, dadas as circunstancias orixinadas pola pandemia.
Podedes ir aprendendo este fermoso texto que transformaremos pronto en canción:


Deixamos tamén a ligazón á páxina da Editorial Galaxia que vén de publicar un libro inédito da autora para toda a rapazada galega que vos recomendamos encarecidamente!



martes, 23 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

Mañá mércores, 24 de febreiro, é o Día de Rosalía.

Para celebralo, queremos deixarvos un fermoso videoclip inspirado nun dos seus poemas, elaborado por alumnado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe "A Pedra" de Bueu así como un Draw My Life da biografía da poeta galega máis universal de todos os tempos.


lunes, 22 de febrero de 2021

OS ARTRÓPODOS

Deixamos pendurado este marabilloso vídeo didáctico elaborado pola alumna de 5ºA de Educación Primaria: Inés González Vázquez.

Dunha forma ben divertida explícanos todo sobre Os Artrópodos... agardamos que vos guste!!!

viernes, 12 de febrero de 2021

ENTROIDO ENMASCARADO

O Entroido deste curso, aínda que atípico por mor da COVID-19, foi ben divertido e estivo relacionado co PDI 2020/2021: "Heroes enmascarados".



As nosas mascotas, Tambo e Onza, tamén se disfrazaron para a ocasión... e atoparon a unha fada enmascarada con Batman...





Compuxemos estrofas (todos os cursos) sobre a base musical "We will rock you" (Queen) e gravaron as voces algúns nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria (Andrés, Sara, Ángel, Yasmina, Marcos e Jessica), coa axuda da profa Chus e o profe Víctor.


Tivemos un fermoso concurso de carautas e antefaces organizado pola ANPA "Viñas Blancas".

O alumnado premiado recibiu un bono de 20 euros en diferentes librarías da vila: Maky, D'cores, Nobel e Bule Bule.

Moitos parabéns a estes nenos e nenas:

-Leire Acuña Sánchez: 5º de Educación Infantil.

-Aitana Teira Aguilera: 1ºB de Educación Primaria.

-Miriam Del Río Garrido: 4ºB de Educación Primaria.

-Brais Fariña Iglesias: 5ºA de Educación Primaria.


Recibimos unha visita especial e máxica da profa Mili, recén xubilada... que metía medo!!!


Deixámosvos un vídeo-resumo da xornada que agardamos desfrutedes moito e lembrade que tendes unha entrada específica do Mandadiño con fotos de todo o alumnado!!!


E para rematar... aquí tedes Entroidos de cursos pasados!!!







viernes, 5 de febrero de 2021

MANDADIÑO ENMASCARADO

O vindeiro luns, día 8 de febreiro, e ata o xoves 11, faremos o "Mandadiño" no Carballal, rescatando así unha actividade que era habitual hai anos nesta época do calendario escolar.

Tambo e Onza, axudados por outros personaxes de ficción, expoñerán as directrices para as xornadas que estarán relacionadas co PDI: "Heroes enmascarados".

Iremos pendurando neste blog, de forma diaria, as instrucións para os seguintes días xunto con algunhas fotiños de cada aula.

Bo Entroido, tambeiros/as!!!

LUNS 8








MARTES 9








MÉRCORES 10








XOVES 11