lunes, 17 de septiembre de 2018

TAMBO-NOTICIAS DE BENVIDA AO CURSO 2018/2019

Ola a todos/as dende o recuncho de Tambo!
Queremos darvos a benvida a este curso escolar informándovos que a partires de agora, este blog e a nosa canle de YouTube, estarán asociados tanto á Biblioteca como ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega.



Os membros do Equipo de Biblioteca preguntámoslle a Tambo cal é o PDI que imos realizar este ano, pero semella que a nosa tartaruga está moi cansa despois das súas vacacións de verán e négase a falar.
O único que conseguimos sacarlle é que moi prontiño, anunciaráse o día de apertura da Biblioteca dunha forma moi especial na que tamén se vos dirá en que vai consistir a aventura na que embarquemos este ano... así que estade ben atentos a todo o que aconteza no cole na vindeira semana.

Por outra banda, queremos deixarvos un vídeo-resumo do marabilloso día que pasou o alumnado de 5º de Primaria na Gala Escolas do FicBueu, xa que "A bruxa das antenas", resultou ser un dos finalistas.
Desfrutaron tamén dun concerto de Paco Nogueiras ("Radio BuleBule"), dun obradoiro de interpretación co actor Nani Matos e dunha visita guiada ao Museo Massó.


Aquí tedes un vídeo de todo o festival:


Para finalizar, compartimos o videoclip "Piolliños", co que se homenaxeou á mestra Carmen Castro que este curso descansa na casiña despois da súa xubilación.
Xa comezamos a botarte en falta!!!