lunes, 23 de septiembre de 2019

TAMBO-NOVAS DE BENVIDA AO CURSO 2019/2020

Benvidos a todos e a todas ao curso 2019/2020!
Supoñemos que depois dun verán ben longo, teredes a pila cargada para comezar unha nova aventura da man da tartaruga Tambo...

Queremos inaugurar o blog con cinco novas:

1. O alumnado de 5º de primaria, acudiu o pasado sábado, 14 de setembro, ao FicBueu (Festival Internacional de Curtas de Bueu) no que foron finalistas da Sección Escolas Galegas (Educación Especial, Infantil e Primaria) co videoclip sobre a nosa vila: "Regueifando en Marín".
A gala foi moi divertida e estivo dirixida por Beatriz Campos.
Recibimos un lote de libros da Editorial Kalandraka pola nosa nominación e o gañador foi: "Pepiño e Maruxa" (C.E.I.P. de Guillarei).
Queremos dar os parabéns a todos os creadores e creadoras dos traballos presentados a este certame, foran finalistas ou non!!!



Tivemos varias actividades enmarcadas no MiniFic da man de: Carpervek Trío (Cine Miúdo), Olalla González-Marc Taeger (Contos de Cine) e moitos sorrisos con Peter Punk Paiaso.
O mellor foi a xornada de convivencia que tivemos pola vila de Bueu e no C.E.I.P.P. "A Pedra", que nos cedeu as súas instalacións para xogar un pouco.
Deixamos un vídeo-resumo do noso paso polo FicBueu 2019 que agardamos sexa do voso agrado!!!


2. O pasado xoves, 19 de setembro, tivemos unha sesiòn de contacontos no recuncho de Tambo.



Estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º de primaria e enviouna a Editorial SM.



O contacontos, chamado Manuel, trouxo un feixe de sorpresas no seu maletín, incluso unha mascota.
Dounos folgos para comezar o traballo deste curso!!!
Tamén estivo a mascota Rasi, dos nosos libros: "La pandilla de la ardilla"...




Grazas a un chapeu máxico, puidemos contar os nosos contos e incluso tivemos unha actividade de debuxo.




3. O alumno de 4ºA de primaria, Teo Rivas Amado, fíxonos un fermoso agasallo artístico para o recuncho de Tambo.
Aproveitando as súas dotes coa pintura elaborou este cuadro que, en breve, penduraremos na biblio... mil grazas tambeiro!!!


4. A animación de stopmotion "Maruxa", realizada o ano pasado polo alumnado que cursaba 1º de primaria, vén de recibir un segundo premio nun concurso nacional.
Consiste no premio "Valores Humanos" do Humans Fest (Festival Internacional de Cine y Derechos Humanos).
Da mesma maneira que "As praias de Marín", ten outro premio no concurso nacional eMove Festival.



5. Para rematar, queremos informar que debedes estar ben atentos a este blog porque, moi pronto, anunciaremos dunha forma ben especial o PDI que entre todos e todas faremos este curso.
Mentres tanto, deixamos un vídeo-resumo das actividades máis destacadas que realizamos no PDI do ano pasado: "Marín, de todo un chisquín".