viernes, 29 de enero de 2021

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2021

Este ano non puidemos festexar esta data tan importante do calendario escolar de forma conxunta, por mor da pandemia que estamos a vivir, pero si que o fixemos en grupos burbulla.

Elaboramos paredes con ladrillos de paz, interpretamos a canción e a coreografía "Cantamos?" da nosa madriña, Fina Casalderrey; derrubamos muros violentos para reciclalos en mensaxes pacíficas e aprendemos cousiñas sobre os Dereitos Humanos.

Agardamos que vos guste este vídeo-resumo tambeiros/as!!!

viernes, 15 de enero de 2021

CANTAMOS?

O vindeiro venres, 29 de xaneiro, celebraremos no cole o Día Internacional da Paz e a Non Violencia.

Entre outras actividades, interpretaremos ao vivo a seguinte canción, inspirada nun poema da nosa madriña: Fina Casalderrey.

Nela cantaremos aos animais, á xente boa, aos médicos, aos mestres... creando unha parede musical contra a violencia.

Ademais de cantar, debemos facer a seguinte coreografía durante os retrousos... dádelle moita caña tambeiros/as!!!


Deixamos tamén algunhas actuacións de cursos pasados: