viernes, 25 de marzo de 2022

DÍA DO TEATRO 2022

O domingo, 27 de marzo, foi o Día do Teatro.


No Carballal celebrámolo o luns, 28 de marzo, cunha obriña que representou o alumnado de 3ºA no Ximnasio do Cole: "¿Dónde está la risa?

Acudimos en tres quendas dos diferentes grupos de Infantil e Primaria.


A verdade é que pasámola moi ben!!!


Deixamos un anaquiño pendurado...

lunes, 21 de marzo de 2022

TITORIAL: BIBLIOTECA DIXITAL E-ELBE.2

En breve, recibiredes nas vosas casas, un papeliño co voso nome, cun identificador e cun contrasinal que vos servirán para o emprego dunha nova ferramenta da biblioteca.

Trátase da web "E-Elbe.2", na que poderemos ler libros dixitais, ata un máximo de 10 títulos por curso.

Lembrade que a primeira vez que accedades, tedes que mudar o contrasinal por un novo, que empregaredes a partir dese momento.

Existe tamén unha app para teléfonos, tabletas ou ordenadores por se non queredes entrar por medio da páxina web.

Aquí tedes un titorial introdutorio:

viernes, 18 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA 2022


O pasado luns, 21 de marzo, foi o Día Internacional da Poesía.


Celebrámolo no Carballal cunha actividade para todo o alumnado de Educación Primaria.


Centrouse na poesía de Rosalía De Castro ("Cantares gallegos"), da que aprendemos unha chea de cousas grazas Esteban de "Tarabelos".


Aquí tedes o cartaz das quendas e un anaco musical de "Contos nunha roda":

PROXECTO ANASTASIA

O xoves, 17 de marzo, fixemos un envío dende o cole con material de axuda humanitaria a Ucraína.


Os intermediarios foron os compoñentes da ONG que leva o Proxecto Anastasia.


Como podedes ver nas instantáneas, fomos quen de encher unha furgoneta enteira!


Agardamos que o conflito remate o antes posíbel...

jueves, 17 de marzo de 2022

MULLERES DAS NOSAS RÍAS NA CIENCIA

O xoves e venres, 17 e 18 de marzo, desenvolvemos unha actividade de pescudas moi divertida, relacionada co Día Internacional da Muller (8M).

Seguindo as instrucións do xogo, tivemos que buscar as catro pezas dos tres crebacabezas diferentes.

Partimos da primeira pescuda que estaba situada nun mapa.
 
 
As pezas, estaban espalladas por todo o colexio!
 

Nelas, había información relevante de tres mulleres galegas, relacionadas coa ciencia e co mar: Begoña Vila, María Wonenburger e Alicia Estévez.


miércoles, 9 de marzo de 2022

8M: "MULLERES DAS NOSAS RÍAS"

Este ano, celebramos dunha forma especial a data do 8 de marzo: Día Internacional da Muller.

Fixemos dúas sesións informativas con 9 mulleres que traballan ou traballaron desenvolvendo labores relacionadas co mar, case todas elas, familiares de alumnado do Carballal... estámoslles ben agradecidos pola súa desinteresada colaboración!

Comezamos o xoves, día 10 de marzo, con este itinerario, no que incluímos como visita de última hora a Fina Calviño:



O mércores, 16 de marzo, tivemos outra quenda co intinerario que aparece neste cartaz.



Unha aperta tambeiros/as e... agardamos que teñades un bo mergullo nas rías!!!

MERGULL-ARTE

Achégase o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Este ano, participaremos cunha fermosa maqueta que leva por nome "Mergull-ARTE" e que ten moito que ver co PDI deste curso: "Mergullo nas Rías".

Agardamos que vos guste tambeiros/as!!!