viernes, 26 de abril de 2024

MÚSICA CON NURIA NAYA - INSPIRING GIRLS - DÍA DO LIBRO - CARNETS CIBEREXPERTO - DESPEDIDA A MAITE MÉNDEZ - OBRADOIRO DE PIZZAS - OBRADOIRO DE FROITAS - SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO - COREOGRAFÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado luns, 22 de abril, comezamos a semana con moita enerxía e música xa a primeira hora no recuncho de Tambo.


Tivemos unha sesión do programa "Lectura e Familias" para o alumnado de 5º de Educación Primaria con Nuria Naya, tía de Sara.

Nuria é a violinista do famoso grupo folk galego "Luar na Lubre", profesora de violín en Arteixo e A Coruña (especialista no Método Suzuki) e titulada superior.


Contounos un pouco da súa andaina polo mundo da música dende nena (formación, viaxes, agrupacións nas que tocou, etc) e sobre todo, o que a ela lle aporta esta disciplina artística a nivel persoal para coidar corpo e mente.

Ensinounos moitas cousas sobre o violín (partes, familia, luthiers máis famosos, técnicas, etc) e conseguimos tocar algunha nota!!!





Leunos un fragmento do libro "O violino de Luísa", pois Luísa Villalta, homenaxeada nas Letras Galegas 2024, tamén foi violinista, unha das mellores de Galicia.


Tamén fixo unha mini-sesión co alumnado de 6ºA de Educación Primaria pois, David Capa, tamén é o seu sobriño.
Ao remate, démoslle un pequeno agasallo e asegurounos que se volvera nacer, por moitos millóns que lle ofrecesen noutra profesión, dedicaríase á música unha vez máis!!!


Aquí tedes unha mestura con anacos dos fragmentos variados e de diferentes estilos musicais que tocou para nós. 


O que máis nos gustou foi "O son do ar" (Bieito Romero - Luar na Lubre), popularizada a nivel mundial grazas a unha versión do músico Mike Oldfield ("The song of the sun") do seu disco "Voyager", publicado en 1996.
Moitas grazas pola visita, Nuria!!!


O pasado martes, 23 de abril, tivemos unha charla no recuncho de Tambo con Iria, radióloga de profesión no Hospital Provincial de Pontevedra e en Montecelo.


Estivo destinada ao alumnado de 6º de Educación Primaria dentro do programa "Inspiring girls", no que se pretende achegar o campo laboral STEM ás nenas, por medio de mulleres que lles sirvan de referencia e exemplo.
Ao rematar démoslle un fermoso agasallo de agradecemento!!!


Esa mesma mañá, celebramos o Día do Libro no colexio.


Fixemos o xa tradicional "Apadriñamento lector" no que o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria le contos aos cativos/as de 3º, 2º, 1º e Educación Infantil.


Foi no exterior, nun día ben solleiro e tamén aproveitamos para facer algunha manualidade relacionada con esta data nas aulas.



Aquí tedes os mellores momentos da xornada.


Tamén argallamos un libro con historias das nosas mascotas de biblioteca, Tambo e Onza, elaborado en capítulos producidos por cada aula e encadernados físicamente que moi pronto publicaremos nun dos andares do cole... aquí tedes o resultado da portada: "Mil e unha noites con Tambo".


O pasado mércores, 24 de abril, o alumnado de 6º de Educación Primaria tivo o colofón da actividade de formación sobre ciberbullying impartido pola Policía Nacional: Ciberexperto (Plan Director).


Tratouse da entrega de carnets no ximnasio e a ela asistiron autoridades como o Subdelegado do Goberno, o Xefe Provincial da Policía de Pontevedra ou o Inspector de Educación da nosa zona.


Neste acto, demos un aplauso na honra de Maite Méndez, exdirectora e Orientadora do Carballal durante moitos anos que faleceu o pasado martes...
Maite, deixou unha fonda pegada no centro, tanto no alumnado coma no profesorado, pois foi unha grande profesional do ensino e unha incansábel loitadora que defendía os dereitos das mulleres dentro do mundo do deporte.





A nosa madriña de biblioteca, Fina Casalderrey, dedicoulle estas fermosas verbas no Diario de Pontevedra...e con elas queremos despedila nós tamén pois, deixounos sen palabras.
Boa viaxe, mestra!!!


Esa mesma mañá, o alumnado de 6º de Educación Infantil, tivo un obradoiro de cociña no comedor e na aula con Mar e Albert (pizzeros en "Pizz-Bur" de O Grove).



Fixemos "nutripizzas", un alimento que non debemos comer en exceso, pero que nos serviu para clasificar os alimentos e traballar as proporcións dos mesmos nas nosas comidas por medio do "nutriplato".
Queremos agradecerlles a súa visita desinteresada pois, eles trouxeron os ingredientes.



O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tamén foi a pé ao Mercado de Marín para comprar froita durante toda a mañá.



A actividade é o colofón da súa investigación sobre as froitas e hortalizas que traballaron no PDI anual, relacionada co coidado do corpo por medio da alimentación saudable.




Ao día seguinte, paparon esas froitas cunha chea de receitas ben apetecibles na Aula STEAM.




Esta iniciativa aproveitouse como actividade de  paso para Educación Primaria, polo que o alumnado de 6º de Educación Infantil foi convidado.



O xoves, 25 de abril, o alumnado de 6º de Educación Primaria tivo unha saída didáctica a Santiago de Compostela durante todo o día.


Visitaron o Museo de Ciencias Naturais e recibiron información sobre os Ciclos de Formación Profesional existentes.


O venres, 26 de abril, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria tiveron unha nova sesión do programa "Lectura e Familias" no recuncho de Tambo.


Foi con Ainhoa, nai de Nael, que nos contou tres historias moi divertidas.



Para rematar, deixamos a coreografía de "Poesía en Silencio" para que poidades practicar na casiña.

viernes, 19 de abril de 2024

MUIÑEIRA DE RAQUEL - LECTURA E FAMILIAS - SALVAMENTO ACUÁTICO - FESTA HOLI - HOMENAXE A FINA CASALDERREY - DESPEDIDA DE MARTA - POESÍA EN SILENCIO

O vindeiro 16 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas no Carballal cunha chea de actividades: romaría con xogos de feira, canto e baile da canción "Poesía en silencio", lectura dunha biografía de Luísa Villalta, etc.

O profe Lucas tamén está a argallar un baile tradicional coa "Muiñeira de Raquel" para interpretar todos/as xuntos/as.

Aquí a tendes para poder practicala na casa!!!


O pasado mércores, 17 de abril, tivemos unha nova sesión no recuncho de Tambo do programa "Lectura e Familias" destinado ao alumnado de 4º de Educación Infantil coas nais de Alba e Grace como protagonistas.



Contáronnos contos de animais e ao remate fixémoslle un pequeno agasallo!!!


Esa mesma mañá tamén comezou a actividade de Salvamento Acuático destinada ao alumnado de 6º de Educación Primaria na Piscina Municipal que pertence á Área de Educación Física co profe Carlos.


Esta actividade demorouse até agora por mor das obras que se realizaron este curso na instalación e que por fin están rematadas.


O xoves 18 de abril, á tardiña, a ANPA "Viñas Blancas" organizou un evento interesante e divertido no patio exterior.



Tratouse dunha Festa Holi e pasámolo xenial como podedes comprobar nestas instantáneas.



Esa tarde, na Praza da Ferrería de Pontevedra, inaugurouse cunha homenaxe, a exposición á nosa madriña de biblioteca: Fina Casalderrey.

Estará activa até o vindeiro 18 de maio.

O pasado venres, 19 de abril, despedimos á mestra de prácticas de Educación Infantil que pasou unha longa tempada xunto a nós.

Démoslle un fermoso agasallo de agradecemento polo seu labor no centro e collémola por sorpresa...


Ela tamén nos fixo uns regaliños... moita sorte na túa nova andaina, Marta!!!


E para rematar, deixámosvos aquí a canción das Letras Galegas coas vosas voces antes de ter a coreografía e mais o videoclip rematado.