viernes, 5 de junio de 2026

EXPOSICIÓN DO PDI 2025/2026: "SALPIMENTA O TEU MAXÍN" - FINALISTAS NOS PREMIOS RACE - FEIRA DO LIBRO USADO - LECTURA E FAMILIAS - EL SITIO DE MI RECREO

O pasado martes, 2 de xuño, á tardiña, tivemos a exposición ás familias dos proxectos argallados por niveis neste curso 2025/2026.



Gozamos con dúas obras de teatro por parte do alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria como entrante, unha proxección dalgunhas actividades comúns a través de música, patinaxe no exterior, papadela con comidas típicas de diferentes países e moita convivencia anegada de xogos medievais.



Entre os Obradoiros máis destacados estivo o de henna... aínda que os houbo de chapas, manualidades, etc.

E con esta actividade damos por rematado o proxecto "Salpimenta o teu maxín", tambeiros/as, argallado por toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e ANPA "Viñas Blancas".



Recibimos unha boa nova no cole: os nenos de 5º de Educación Primaria (Fiz, Gala, Carlota, Xoel Cabido, Aldara e Sara) que fixeron o vídeo "Mima tu coche" son finalistas nos Premios RACE de Seguridade Vial... parabéns!!!


Estas pequenas curta deben elaborarse, segundo as bases, por grupos reducidos dun mínimo de 3 e un máximo de 8 alumnos/as.
Foi ideada e producida na materia de Proxecto Competencial e gravada na contorna polo propio alumnado.
Conta tamén coa colaboración de Sara.
Aquí tedes o traballo!!!


Estes artistas acudirán á gala de entrega de galardóns a Madrid (Academia de Cine) o vindeiro mércores, 17 de xuño, representando a todo o Carballal e acompañados por dous mestres.
Nela diranlles cal é o seu premio... moita sorte, tambeiros/as, porque hai 1000 euros en xogo para o cole!!!
Premendo nas seguintes ligazóns podedes visualizar os vídeos que enviamos en edicións anteriores deste concurso nacional pois levamos moitos anos participando.





Por unha banda, no marco do programa "Lectura e Familias", recibimos a familiares de alumnos/as de 2º e 5º de Educación Primaria, durante a mañá do xoves e o venres, para elaborar galletas na cociña e para facer unha actividade en torno ao café na biblioteca.

Por outra banda, o sábado, 6 de xuño, á mañá, será a Feira do Libro Usado na Alameda "Rosalía de Castro" que organizan os centros educativos da vila dende os Equipos de Biblioteca, as ANPAS e o Concello de Marín.



Para rematar, deixamos o karaoke do derradeiro tema musical que aprenderemos este curso para cantar ao vivo no Festival do día 18 de xuño.
Trátase da despedida do profe Víctor que muda de cole logo de 16 anos nas Viñas Blancas... esta é a súa canción favorita: "El sitio de mi recreo" (Antonio Vega).
E... moitísimas grazas á profa Natalia por anegar coa súa fermosa voz durante estes dous cursos as cancións que serviron de pegamento dos proxectos anuais.