miércoles, 26 de julio de 2017

EMOVE FESTIVAL: ACADAMOS DOUS PREMIOS!!!

Hoxe recibimos boas novas dende o Emove Festival, un certame audiovisual destinado a todos os centros educativos de España e Andorra.
O noso cole foi gañador cos videoclips "O cole que queremos" (4º de Primaria do curso 2016-2017) e "Casares-Tón" (5º e 6º do curso 2016-2017).
Estamos moi orgullosos de que dous traballos en galego foran recoñecidos nun concurso nacional.
A gala de entrega de premios será o vindeiro sábado 30 de setembro no Teatro Lope de Vega de Madrid.
O noso centro ten reservadas 50 entradas.
Iremos informando da organización da viaxe e aloxamento para valorar se hai posibilidade de asistir.
Deixamos algúns vídeos e ligazóns pendurados sobre este acontecemento e... moitos parabéns a todos/as os implicados/as!!!




https://www.facebook.com/emovefestival/

http://emovefestival.com/ (Aquí podedes descargar unha app para Android ou iOS).

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/07/30/carballal-gana-goyas-audiovisual-escolar/1725277.html

jueves, 13 de julio de 2017

VIDEOCONFERENCIA CON CONNECTICUT

Unha representación de alumnos/as de 5ºA de Primaria realizaron na tarde de onte (12/07/2017) unha videoconferencia con EE.UU.
Fixeron unha explicación detallada dunha das actividades que levaron a cabo dentro do Programa Piteas, para mestres e mestras de Connecticut.
Trátase da creación dunha empresa de fabricación de xabróns naturais.
Tédela aquí completa por se queredes botar unha ollada!!!