viernes, 23 de diciembre de 2022

NADAL 2022

O pasado xoves, 22 de decembro, celebramos o Nadal no Carballal cunha festa rachada.

Fomos vestidos de gala e festexamos, por anticipado, a chegada do novo ano.

                  

Argallamos un "Belén Futurista", cantamos panxoliñas, bailamos nun guateque, fixemos papadela e tivemos libros de Nadal na biblioteca.

O alumnado de 4º de Educación Primaria, compuxo unha panxoliña baseada na canción "A horse with no name" (América) e o profesorado cantou outra baseada no "Tengo el corazón contento" (Marisol), na que felicitamos ao noso cole polo seu 50 aniversario.


Entregamos cartas elaboradas polo alumnado na Residencia da 3ª Idade de Marín para as persoas maiores que nestas datas poden sentirse soas... unha temática que traballa a nosa madriña de biblioteca, Fina Casalderrey, no seu último relato: "A coidadora de outonos".

Foron entregadas in situ o día de Noiteboa.

Aquí tedes un vídeo resumo que agardamos sexa do voso agrado dunha nova actividade do PDI 2022/2023: "50 anos argallando".

Desexámosvos un moi bo Nadal e próspero ano 2023, tambeiros/as, con esta canción de Nadal composta por unha nena da nosa vila que gañou o concurso da TVG!!!

miércoles, 21 de diciembre de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS E VOLUNTARIADO DO PROGRAMA "BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS"

Hoxe, 21 de decembro, comezaron a repartirse as tradicionais mochilas viaxeiras.

Consiste nunha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e O recuncho de Tambo para dinamizar a animación á lectura.


Cada alumno/a levará unha mochila para a súa casa durante unha semana ao longo de todo o curso escolar.

Nela hai catro ou cinco libros variados, un caderno coas instruccións e unha guía de recomendacións dunha pediatra que vos aconsellamos ler coa familia.

Aquí temos a algúns e algunhas axudantes de biblioteca que as entregaron polas aulas.

Este ano foinos concedida unha axuda para que desempeñen o seu labor, logo de entregar un proxecto coas accións que van realizar coas iniciativas de voluntariado do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias".

Boa lectura tambeiros/as!!!

lunes, 19 de diciembre de 2022

FESTIVAL DE NADAL DA ANPA E SAÍDA DO 1º CICLO DE PRIMARIA

O pasado venres, 16 de decembro, o alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria, realizou a súa saída trimestral.

 



Visitaron a Oficina de Correos, onde aprenderon unha chea de cousas sobre esta administración.



Logo deron unhas voltas no tiovivo da Alameda e gozaron no Parque Infantil.



Xa pola tardiña, celebrouse o Festival de Nadal organizado pola ANPA "Viñas Blancas" que tivo unha gran afluencia de público.



Houbo patinaxe, ximnasia rítmica, moito baile e unha ambientación navideña de luxo.




E como non... o Mago Paco estivo facendo das súas coa rapazada!

miércoles, 14 de diciembre de 2022

MERCA-NADAL E SAÍDAS Á PISCINA MUNICIPAL

Durante as dúas últimas semanas deste primeiro trimestre de curso, estamos a facer unha serie de saídas á Piscina Municipal.

Acudirá todo o alumnado de Educación Primaria por quendas.

A actividade corresponde á materia de Educación Física e con ela preténdense dar unhas nocións básicas de natación e salvamento acuático, tratado máis polo miúdo na asignatura de libre configuración de 6º de Educación Primaria.


Por outra banda, o pasado sábado, 10 de decembro, na Alameda "Rosalía De Castro", celebrouse o tradicional "Merca-Nadal".

Consiste nun mercadillo no que as ANPAS dos colexios do municipio venden agasallos desta época, elaborados polo alumnado, para recaudar fondos que permitan desenvolver as súas iniciativas (como as axudas para as excursións de fin de curso).

Fixemos unha boa caixa e queremos dar as grazas ao Concello de Marín por esta proposta.

martes, 13 de diciembre de 2022

GUÍAS DE LECTURA 2022/2023

Xa temos con nós as guías de lectura elaboradas polos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, entre o que está o do noso colexio.

Consiste nunha serie de recomendacións lectoras en galego, adecuadas a diferentes idades, que nos será de utilidade para mercar ou agasallar neste Nadal.

Aquí tedes a de Educación Infantil.

E aquí a de Educación Primaria.

Este ano, de forma desinteresada, argallou as ilustracións Jhosua, propietario de "Gáidil".

Gáidil é un espazo friqui en Bueu que integra unha tenda de cómics e unha aula creativa de debuxo e pintura para todas as idades.

Se premedes na instantánea poderedes saber máis.

Agardamos que vos sirvan de axuda!!!

viernes, 9 de diciembre de 2022

SESIÓN DE CONTACONTOS E TREN DE NADAL

Os días 7 e 9 de decembro (mércores e venres), tivemos sesións de contacontos organizadas polo recuncho de Tambo, ambas relacionadas coa temática do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller".



Unha delas celebrouse no ximnasio e outra na biblioteca.
Os actores e actrices foron algúns nenos e nenas de 4º de Educación Primaria.



O público invitado foi o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Educación Primaria.



O conto narrado foi "Daniela Pirata" e a rapazada quedou encantada... moi pronto teremos máis sesións así que estade ben atentos!



Por outra banda, o pasado venres, 9 de decembro, gozamos co tren de Nadal.


Asistimos todos os nenos e nenas do cole por quendas.


Durante uns 30 minutos fixemos un pequeno percorrido polas rúas da nosa vila saudando á xente.


Moitas grazas ao Concello de Marín por ofertar esta actividade cada ano co gallo do Nadal.

jueves, 1 de diciembre de 2022

SAÍDA Á ESCOLA NAVAL MILITAR E CARREIRA DE CROSS XOGADE

O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil realizou unha saída didáctica na mañá do pasado martes 29 de novembro.


Acudiron á Escola Naval Militar de Marín para traballar o proxecto que están a desenvolver na aula sobre O Universo, tamén co alumnado de 4º de Educación Infantil.


Puideron ver un planetario e descubrir que as estrelas, agrupadas en constelacións, serven para guiarse na mar. Para elo visitaron un simulador de navegación marítima.


Pasáronno realmente ben e queremos dar as grazas aos membros desta institución por facilitar a experiencia.


Por outra banda, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou, como cada ano, na Carreira de Cross Escolar "Xogade".


Foi nas inmediacións do pavillón do Sequelo (Parque de Suboficiais) o pasado xoves, 1 de decembro, logo de ser aplazado por dúas veces.



Nela tivemos grandes corredores e corredoras.


sábado, 26 de noviembre de 2022

25N: "50 ANOS EDUCANDO EN IGUALDADE"

O pasado venres, 25 de novembro, fixemos un acto común no Carballal co gallo do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" baixo o lema: "50 anos educando en igualdade".

Nos días previos, elaboramos un fermoso mural con pompas de xabón que contiñan mensaxes de igualdade de xénero, seleccionamos libros feministas na biblioteca, adornamos o Recuncho Violeta e recibimos chaveiros e almanaques do Concello de Marín con esta temática.

Logo dun minuto de silencio polas vítimas do machismo, o alumnado de 6º de Educación Primaria, con vestimenta especial para a ocasión, leu un marabilloso manifesto; cantamos ao vivo e bailamos a canción "Eva María liscou" dispostos en círculos pola pista e botamos unha chea de pompas de xabón reais anegadas de esperanza para conseguir un mundo máis igualitario.

Xa sabedes: "No Carballal somos todes iguais".

Agardamos que vos guste o vídeo-resumo dunha xornada máis do PDI: "50 anos argallando"!!!

lunes, 21 de noviembre de 2022

SOMOS FINALISTAS NO "DÍGOCHO EU" E OUTRAS NOVAS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega vén de recibir unha noticia moi importante: o guión que presentaron para facer un capítulo do "Dígocho eu" da TVG foi seleccionado finalista, co que proximamente virán facer a gravación ao colexio.

Dos sete capítulos gravados haberá un gañador.

Moitísimos parabéns a todos os nenos e nenas que van participar neste fermoso proxecto en prol do galego!!!

Podedes ver máis información premendo na seguinte imaxe:


Por outra banda, a semana pasada, tivemos tres actividades no recuncho de Tambo:

1. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu unha charla por parte de Rafa, policía nacional, sobre os perigos da internet, o pasado xoves 17 de novembro.


2. Nesa mesma data, o alumnado de 4ºB de Educación Primaria, tivo unha videoconferencia sobre creatividade con Patricia García (Afundación Abanca) dentro do programa "Non deixes que se apague a túa creatividade".


3. Para finalizar, comezou a Escola de Familias o pasado martes 15 de novembro.


Houbo unha quenda de mañá e outra na tardiña.