domingo, 27 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022

O pasado venres, 25 de febreiro, celebramos o Entroido no Carballal.

Papamos filloas, orellas e chocolate que nos preparou a ANPA "Viñas Blancas", á que, coma sempre, lle estamos moi agradecidos.

Tivemos sesión de baile e como non, desfilamos arredor da illa de Tambo seguindo o ritmo da canción que argallamos para a ocasión, interpretada por Alba Ramallo e Clara Pintos de 4º de Educación Primaria ("LimpouMo": unha parodia moi mariñeira do "SloMo", de Chanel, que irá a Eurovisión).

Os disfraces estiveron relacionados co PDI deste curso: "Mergullo nas Rías".

Aquí tedes as fotos de grupo:

-Educación Infantil: polbos, caranguexos e mexillóns.


-1º e 2º de Educación Primaria: fondo mariño.

-3º de Educación Primaria: peixes.


-4º de Educación Primaria: conservas.


-5º de Educación Primaria: "embarcados polas rías".


-6º de Educación Primaria: "polo mar".


E aquí está o vídeo-resumo da xornada.


Boas mini-vacacións tambeiros/as!!!