miércoles, 27 de septiembre de 2017

TAMBONOTICIAS DE BENVIDA

Benvidos ao curso 2017-2018 dende o recuncho de Tambo!!!
Temos un feixe de noticias que contarvos, así que lede con atención:

Este ano imos desenrolar o PDI "A maxia de comunicar", relacionado cos medios de comunicación.
Crearemos unha Radio-Televisión no cole cun magazine audiovisual con: noticias, música, entrevistas, publicidade, etc.
O nome será "Ruxerruxe nas ondas" e xa estamos a traballar no seu himno e creando o seu plató de gravación.
Tentaremos facer un episodio trimestral se todo vai ben.
Nestes momentos estamos seleccionando entre o alumnado o logo e o nome que levará esta canle de tv escolar.
Moi pronto saberemos cal será...


Unha das actividades relacionadas con este proxecto será o vindeiro venres 6 de outubro xa que recibimos unha boa nova: o Festival de Cine de Santiago de Compostela (CurtoCircuíto) vai empregar a Olloboi como referente da súa Sección Canteiras e invítanos, por ser un dos gañadores da edición pasada, a un programa de radio.
A rapazada que elaborou o videoclip "O cole que queremos" cantará en directo e será entrevistada no programa "El séptimo vicio" de Radio3 presentado por Javier Tolentino. 
Xa informaremos sobre o día de emisión...



Recibimos xa as invitacións para asistir á gala de entrega de premios do Emove Festival para recoller os dous galardóns que acadamos con "Casares-Tón" e "O cole que queremos" na sección videoclips, que será este sábado en Madrid.
Deixamos unha ligazón onde podedes ver a presentación en TVE da Directora do Festival dentro do programa "La aventura del saber"(no minuto 6:10):



E por último recordade este consello de Tambo: