Este ano correspóndelle a Carlos Casares e argallamos un videoclip que pretende mesturar a súa literatura con valores, movemento, música e moita diversión.
Traballamos arreo durante dous meses e participamos todos os membros do colexio.
Recibimos os parabéns da nosa madriña de biblioteca: Fina Casalderrey... e sentímonos moi agradecidos.
Dous mestres do cole foron explicar o proceso de creación ás Xornadas na honra a Carlos Casares de Ourense convocadas pola Consellería de Educación.
Incluso a prensa estivo no cole para facernos unha entrevista:
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2017/05/05/span-langglpoesia-ritmo-spanspan-langglcasares-tonspan/0003_201705P5C6991.htm
E saímos na radio:
-No Portal da Lingua: http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas
-Na páxina da Fundación Carlos Casares: http://fundacioncarloscasares.org/
-Na páxina da R.A.G. "Primavera das Letras": http://primaveradasletras.gal/
- No concurso Videoghit: https://sites.google.com/site/eticolmeiro/
-No facebook dos Premios Olloboi 2017.
Aquí tedes o resultado: "Casares-Tón".
Agardamos que vos guste e deixamos tamén pendurado o videoclip do pasado curso!!!