viernes, 26 de septiembre de 2025

CIBEREXPERTO - ACTIVIDADE DE BALONCESTO CO PEIXEGALEGO - COREOGRAFÍA DE TAMBO

Ola tambeiros/as!!!

Esta semana tivemos dúas actividades ben interesantes no cole.

A primeira consistiu nunha serie de charlas ao alumnado de 6º de Educación Primaria sobre os perigos da internet.

Foron impartidas por parte de Rafa (Policía Nacional) no marco do Programa Ciberexperto.


Por outra banda, como todos os anos por estas datas, gozamos cunha serie de actividades sobre baloncesto por parte de persoal do Club PeixeGalego.

Aquí temos a Josu explicando un dos xogos.

E aquí temos a dúas mozas de 3º de Educación Primaria pasándoo xenial.


Para rematar deixamos a coreografía da canción da nosa mascota, realizada por antigas alumnas do Club de Ximnasia Rítmica "In Mare".

Boa finde!!!

viernes, 19 de septiembre de 2025

"LELA" - 2025 - ANO CASTELAO

Boas, tambeiros/as!!! 

Este ano 2025 está dedicado a unha das figuras máis importantes da Cultura Galega: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (hai 75 anos do seu pasamento en Bos Aires, Arxentina).

Que non sabedes quen foi?... pois premede na seguinte instantánea da súa caricatura e poderedes acceder a unha chea de actividades que vos axudarán.


Para conmemorar este "Ano Castelao" no Carballal, imos aprender todos/as este poema tan famoso que pertence á súa obra teatral "Os vellos non deben de namorarse" (1940) e que foi instrumentado por Rosendo Mato Hermida.
O seu título é: "Lela".
Aquí tedes un karaoke coa voz da profa Natalia para que poidades practicar na casa unha das cancións máis famosas e fermosas escritas en galego.

viernes, 12 de septiembre de 2025

BENVIDOS AO CURSO 2025/2026

Logo dun verán moi caluroso, no que de seguro chupastes moita praia, voltamos ao Carballal o pasado martes, 9 de setembro, para comezar un novo curso cheo de sorpresas.


Nesa primeira xornada, accedemos ao centro e colocámonos nas nosas filas... pero comprobamos que había uns menús pendurados nas columnas cos nosos nomes.


Contounos tamén un paxaro que fixeron unha cociña no cole e que iso pode darnos unha pista do PDI que levaremos a cabo... de que tratará?



Os mestres e mestras tamén estaban disfrazados de cociñeiros e camareiros e escoitamos un bucle de cancions relacionadas con comidas!!!



E por certo, procurade non perdervos porque a ubicación das aulas mudou.

Benvidos ao curso 2025/2026, tambeiros!!!