Estás no blog da Biblioteca e do EDLG do CEIP do Carballal de Marín.
Son a tartaruga Tambo,
a súa mascota.
Agardo que pases un bo rato lendo as nosas lerias!
Os colaboradores da biblioteca elaboraron esta coreografía para o retrouso da canción que interpretaremos no Día das Letras Galegas 2023 (17 de maio) e que están a gravar os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria (Obradoiro de Audiovisuais) e 6ª (Valores).
Terá tamén un videoclip, pero de momento precisamos que aprendades isto que vos deixamos.
Dádelle moita caña nas vacacións de Semana Santa!!!
O alumnado de 6ºA de Educación Infantil tivo unha saída á Escola da Galiña Azul (San Pedro) o pasado venres, 24 de marzo.
Fixeron de contacontos narrando "A que sabe a Lúa" e estamparon coas mans os animais que aparecen como protagonistas.
Recibiron con agarimo un agasallo por parte deses pequechos... un biscoito que estaba ben rico!!!
Eles tamén levaron uns marcapáxinas de Tambo como ofrenda.
Por outra banda, o pasado martes, 28 de marzo, saiu todo o alumnado de Educación Infantil á contorna do noso centro para facer un traballo de investigación sobre a flora e a fauna para o PDI "50 anos argallando".
Aquí tedes algunhas instantáneas!!!
Esa mesma mañá, os nenos e nenas do 1º ciclo de primaria saíron a Pontecaldelas.
Tiveron unha divertida sesión de hípica na que gozaron moito.
Para rematar, o pasado luns, 27 de marzo, tivemos a primeira sesión de contacontos na biblioteca correspondente ao programa "Lectura e Familias" para Educación Infantil.
O conto narrado foi "Corre corre, Cabaciña" e tamén gozamos da canción.
A nai de Rodrigo, de 4º de Educación Infantil, foi a protagonista e... encantounos!!!
O pasado xoves, 16 de marzo, estivo o equipo do programa da TVG "Dígocho eu" no Carballal para gravar un dos seus capítulos co alumnado de 4ºA de Educación Primaria, nos que ensinan a empregar o galego correctamente... aínda que xa sabemos que o peor galego é o que non se fala!
A actividade estivo coordinada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e cremos que é unha iniciativa ben interesante para potenciar o emprego da nosa lingua.
A continuación, dous alumnos de 5ºB de Educación Primaria (Blanca e Manuel) entrevistaron á súa presentadora na radio escolar, Esther Estévez, que vén de recibir un premio Mestre Mateo á mellor comunicadora a pasada fin de semana.
As preguntas saíron dunha selección que propuxo todo o alumnado (gravadas a modo de cuña radiofónica) e algunhas ían dirixidas á mascota do programa: Digochiño (é a primeira vez que asiste a un centro educativo).
Fixemos tamén uns bocadelos con palabras mal ditas e a súa opción correcta.
Aquí tedes o podcast do programa "Ruxerruxe nas Ondas" de Radio-Tambo, que botou a andar novamente nun espazo acondicionado acusticamente, logo de dous cursos sen actividade por mor da pandemia.
Se premedes na seguinte ligazón poderedes visualizar o vídeo do programa (está relacionado co PDI "50 anos argallando")!!!
Finalizamos a xornada interpretando todos xuntos a canción "Autoxenreira", baseada nun poema de Florencio Delgado Gurriarán en prol do galego, que compuxemos no cole o curso pasado co gallo do Día das Letras Galegas.
Fixemos tamén instantáneas de grupo nun photocall.
Instantáneas
Hai anos argallamos o noso propio "DígochoEu" no cole e algunha actividade audiovisual como "Faino en galego".
O martes, día 14, recibimos unha visita de Elena García (ONCE) que asistiu para dar unha charla ao alumnado de 6º de Educación Primaria sobre as persoas con discapacidade, pois ela ten unha prótese nunha perna por causa dun accidente de tráfico.
A actividade está enmarcada no Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que foi o pasado 3 de decembro.
Por outra banda, o profesorado recibiu unha sesión formativa sobre radio escolar o pasado luns, 13 de marzo, que foi impartida por Javier Prado e na que aprenderon unha chea de cousas.
Premede na foto se queredes saber máis.
Para rematar, o pasado venres, 17 de marzo, os colaboradores e colaboradoras da biblioteca escolar, foron polas aulas a contar contos sobre as mulleres, nunha actividade enmarcada no 8M.