lunes, 6 de marzo de 2023

PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" - PLAN DIRECTOR

Neste curso 2022/2023 desenvolveremos no Carballal, por primeira vez, o programa "Lectura e Familias", para o que solicitamos a axuda de todas as familias do alumnado.

Antes tivemos que elaborar un proxecto grazas ao cal, tras ser aprobado, recibiremos unha dotación económica.


Trátase dunha iniciativa do Equipo de Biblioteca e con ela pretendemos fomentar o hábito lector partillando lecturas e relatos no colexio, facendo partícipe a toda a comunidade educativa.


Se desexades colaborar podedes comunicalo por medio do titor/titora dos vosos fillos/as ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo do colexio.


Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, tivo unha charla por parte dun Policía Nacional no recuncho de Tambo, o pasado venres, 3 de marzo.

A temática estivo relacionada cos perigos da internet.