Este ano tivemos unha chea de actividades navideñas no Carballal, tal e como podedes observar neste vídeo-resumo!!!
O martes, 17 de decembro, foi o turno do tradicional Tren de Nadal organizado polo Concello de Marín que nos brindou un agradable paseo pola contorna da nosa vila.
O mércores, 18 de decembro, o alumnado de 6º de Educación Primaria, acudiu ao Centro de Día onde cantou panxoliñas tradicionais e recitou pareados navideños con humor aos seus usuarios, compartindo merendola con doces típicos desta época do ano, nunha entrañable velada.
Esa mesma mañá recibimos aos Reis Magos e ao Coro Evanxélico de Marín que felicitou ao noso dire polo seu aniversario a ritmo de música.
Alumnado e profesorado colaborou coa percusión na interpretación das pezas.
Fixemos un marabilloso Belén nun dos corredores, adornamos o cole coa axuda das familias e sacamos unhas instantáneas no photocall que argallou a ANPA "Viñas Blancas" na entrada principal do colexio.
Tamén compuxemos unha panxoliña baseada nun hit ben famoso ( "Voyage voyage" - Desireless) que gravamos nos Polos Creativos dos martes, alumnado e profesorado: "Viaxar, viaxar...".
Aquí tedes un karaoke!!!
Para finalizar, como colofón, festexamos por anticipado a entrada do ano 2025 comendo un gusaniño por cada badalada e gozando das actuacións de baile do alumnado, do acrosport preparado polo profe Carlos, con merendolas nas aulas e coa festa da ANPA durante a tarde que incluía unha chea de actividades como a actuación de "Fentos e Frouma" ou a visita de Papá Noel.
Nos Polos Creativos da semana, o alumnado de 3º de Educación Primaria, fedellou coa robótica do profe Lucas.
O xoves, 19 de decembro, o alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria, recibiu novamente a Gonzalo, axente mediombiental, co que estamos a plantar un salgueiro dentro dos Polos Creativos relacionados co invernadoiro.
Por outra banda, Hugo Cao, alumno de 6ºB de Educación Primaria, acadou o 3º premio da categoría C do Concurso de Contos de Nadal organizado polo Ateneo "Santa Cecilia".
O venres, 20 de decembro, á tardiña, acudiu á recollida do galardón dotado con 20 euros... mil parabéns campión!!!
Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria tamén deixaron unha felicitación moi agarimosa aos profes...
Para rematar, o alumnado que compón o Equipo de Mediación, despediu á profa Vanesa pois, comeza unha nova etapa como Inspectora de Educación Accidental ata novo aviso.
Agardamos que lle vaia ben nesta nova andaina laboral e que goce con este chaleque que lle fixeron... agardámoste á volta no Carballal!!!