Boas, tambeiros/as!!!
O pasado martes, 11 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo unha charla cun membro da Policía Nacional (Rafa), dentro do Plan Director, relacionada cos perigos de internet.
A vindeira semana rematarán esta actividade formativa tan interesante.
O venres, 13 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria fixo unha saída a pé á Oficina de Correos de Marín.
Entregaron unha postal navideña elaborada na aula para as súas familias e tamén botaron as cartas para os Reis Magos.
Logo gozaron cunhas voltas ao tiovivo da Alameda Rosalía de Castro, cunha merendola e cun paseo polo Mercado.
Por outra banda, Samuel, alumno de 3ºA de Educación Primaria, mostrou aos seus compañeiros/as as súas habilidades cos sons corporais pois, é un gran beatboxer ao nivel do mismísimo Grison!!!
Tamén demostrou as súas dotes coa papiroflexia e deixounos este titorial.
O sábado, 14 de decembro, celebrouse o tradicional Mini Mercado de Nadal na carpa do Parque Eguren con postos para todas as ANPAS dos colexios do municipio.
O alumnado de 6º de Educación Primaria vendeu alí as súas manualidades elaboradas durante este mes para recaudar cartos para a excursión de fin de curso e... fixeron unha boa saca!!!
Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo, dos que forma parte o noso cole, xa ten elaboradas as Guías de Lectura con recomendacións lectoras para este Nadal.
Aquí tedes as de Infantil, Primaria e Persoas Adultas por se queredes pedirlle un libriño aos Reis ou agasallar de xeito orixinal!!!
Para rematar, como sabedes, os enigmas matemáticos do "Dálle ao coco" levan un mes en funcionamento ciscados polos andares do colexio.
Podedes depositar as vosas respostas no buzón que hai na biblioteca.
O profe Lucas, artífice desta actividade, publicou xa os gañadores do pasado mes de novembro... parabéns aos implicados/as!!!