Estás no blog da Biblioteca e do EDLG do CEIP do Carballal de Marín.
Son a tartaruga Tambo,
a súa mascota.
Agardo que pases un bo rato lendo as nosas lerias!
Comezamos esta entrada semanal do blog desexándovos unhas felices e merecidas vacacions de Semana Santa a todos/a!
Queremos que aproveitedes un anaco dese tempo para votar as marabillosas "Portas Poéticas" argalladas nos diferentes niveis de Infantil e Primara.
Se premedes na seguinte ligazon, poderedes acceder ao formulario de votación.
Os premios entregaranse o vindeiro 23 de abril, Día do Libro, así que... moita sorte!!!
Aquí tedes instantáneas de cada unha delas.
O alumnado de 6º de Educación Infantil realizou unha saída á Galiña Azul para gozar dunha xornada de convivencia na que merendaron un biscoito que lles prepararon.
Foi o pasado xoves, 10 de abril, e nela interpretaron a obra "Queda sitio na vasoira?".
Levaron máscaras dos personaxes para que os pequechos e pequechas puidesen decoralas e logo xogaron no patio da escola.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria tamén foron ao "Cine Seixo", o máis antigo de Galicia, para visionar a película "Pequeña Osa" durante a mañá do venres 11 de abril.
Logo merendaron e xogaron no parque nunha actividade ben bonita das que estamos a desenvolver na fin deste segundo trimestre de curso... como a búsqueda do tesouro con pistas en lingua inglesa que organizou a profa Tatiana.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo unhas charlas sobre igualdade de xénero na biblioteca co grupo "Iris Social" durante o xoves e venres, 10 e 11 de abril.
Estas xornadas de concienciación están organizadas pola Deputación de Pontevedra.
Para rematar, nos polos Creativos da semana, tivemos xogos de mesa, robótica e invernadoiro.
Por certo, non esquezades cotillear os últimos podcast de "Tambo nas Ondas", como este de 4ºA de Educación Primaria... e tamén podedes cantar con este ensaio de "Rumboia viva" co alumnado de 6ºB de Educación Primaria.
O pasado luns, 31 de marzo, tivemos un obradoiro de cociña vegana na Aula STEAM, dentro do marco do programa "Lectura e Familias": "Cociñas do Mundo".
Estivo destinado ao alumnado de 4º de Educación Primaria para reforzar o seu traballo de investigación sobre o PDI anual.
A organización e desenvolvemento da actividade correu a cargo de Carmen (nai de Gala) e María (prima de Emma).
Carmen é nutricionista e María é cociñeira de profesión.
Elaboraron unha receita de cada continente: Asia (sushi vexetal), África (cuscús), América (totopos con guacamole) e Europa (gazpacho de fresas e pan tumaca).
Ao rematar comemos os produtos elaborados e convidamos ao alumnado de 1º ciclo e aos irmáns dos participantes... estaba todo boísimo!!!
Por outra banda, o pasado mércores, 2 de abril, foi o "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo".
Dende o Departamento de Orientacion argallouse este pequeno vídeo explicativo sobre a condición do espectro autista.
Esta pequena peza tamén é unha das evidencias do traballo na nosa lingua dentro dos "21 días co galego e +".
Na canle de YouTube "A canción de Manuel" podedes atopar cancións en galego sobre o autismo tan fermosas coma esta!!!
Deixamos tamén por aquí o karaoke e o ensaio con 4º de Educación Primaria da seguinte canción popular que aprenderemos co gallo do Día das Letras Galegas: "Rumboia viva".
Para rematar, nos Polos Creativos da semana, o alumnado de 5º de Educación Primaria traballou robótica co profe Lucas.
E se botades unha ollada á nosa canle de iVoox "Tambo nas Ondas", poderedes escoitar tres novos podcast de radio escolar, dous de 5ºA e un de 5ºB.
Mirade que canción máis chula fixeron para o 30 aniversario de "Ponte nas Ondas" (proxecto de radio escolar galego/portugués) no CEIP Seis do Nadal de Vigo apoiado por lingua de signos!!!
Este ano traballaremos no colexio unha chea de cancións populares co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado á poesía popular oral transmitida polas cantareiras e pandereteiras por medio de cancioneiros.
Aquí tedes a primeira delas na fermosa voz da profa Natalia: "Túa nai é meigha".
O alumnado de 6º de Educación Primaria fixo unha saída didáctica o pasado luns, 24 de marzo.
Un dos grupos de alumnos/as acudiu ao Centro de Día para continuar con xogos compartidos.
Nesta ocasión fixeron un con movemento físico e outro de discriminación auditiva.
O outro grupo fixo unha investigación no Parque Infantil do paseo "Antonio Blanco", na Alameda e no Parque Eguren para o seu traballo relacionado co PDI deste curso: "Estende as túas ás".
Recolleron deficiencias deses lugares para remitirlle unha carta á alcaldesa e así tentar que tome medidas.
Hai anos xa fixemos un documental de 14 capítulos sobre a nosa vila: "Marinformamos".
Mirade a quen atoparon nun dos desprazamentos pola nosa vila: Manuel Rosales.
O martes, 25 de marzo, recibimos a cinco mestres/as do CEIP "Vila de Rutis" de Culleredo (A Coruña).
Viñeron facer unha observación didáctica nas nosas aulas de Infantil e Primaria dentro do programa "Observa e Acción" do que formamos parte.
Coñeceron tamén o funcionamento dos Polos Creativos, da Biblioteca, da Radio Escolar, etc.
Alí tamén teñen un laboratorio de radio ben interesante.
O vindeiro 5 de maio, acudirá profesorado do Carballal ao seu cole para o mesmo labor.
O pasado xoves, 27 de marzo, o alumnado de 4º de Educación Primaria gozou coa actividade "Creativity" de Caixaforum, desenvolvida no interior dun autocar aparcado na Alameda.
Ao remate deron unha voltiña por Marín na que visitaron o Museo Torres e xogaron no Parque Infantil.
O venres, 28 de marzo, tivemos dúas sesións do programa "Lectura e Familias".
A primeira delas estivo destinada ao alumnado de 5º de Educación Infantil con Iván e Ana, pai e nai de Xulia.
Foi na propia aula e nela fixeron un marabilloso obradoiro de máscaras e palillos chineses para saber máis do seu traballo sobre o PDI anual.
No mesmo contexto e o mesmo día, acudiu Carmen, nai de Candela, para impartir un obradoiro de cociña asiática ao alumnado de 4º de Educación Infantil.
Seguiron unha receita de deliciosos onigiris e Carmen, agasallou a cada neno/a cun molde para facelos na casiña.
Por outra banda, recibimos nas aulas unha carta de Tambo na que nos explicou que, debido a unha longa viaxe, debemos retrasar as "Portas Poéticas" ao día 8 de abril.
Se estades atentos/as, poderedes ver que xa hai algún verso pendurado polos corredores.
Aquí tedes o recanto poético do alumnado de 1º de Educación Primaria!!!
Lembrades a coreografía que fixemos para "Poesía en silencio" de Luísa Villalta?
Para rematar, o alumnado de 6º de Educación Primaria, recibiu unha formación sobre lettering dentro dos Polos Creativos da semana na biblioteca coa profa Laura.