viernes, 20 de junio de 2025

EXCURSIÓNS DE 3º E 5º - VISITA DA GALIÑA AZUL - FESTA DA ANPA - TEATRO INTERCICLO - FESTIVAL DE FIN DE CURSO E GRADUACIÓNS - DESPEDIDA CON XOGOS

Logo dun curso ben longo e con esta semana anegada de actividades, despedimos as novas do blog.

O alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria tivo a súa excursión de fin de curso.

Os nenos/as de 3º foron a O Grove para gozar da praia e da piscina o luns, 16 de xuño.

A rapazada de 5º tamén gozou durante dous días do soliño de Mondariz Balneario.


O martes, 17 de xuño, recibimos ao alumnado da Galiña Azul nunha xornada de convivencia ben fermosa en Educación Infantil.


Esa mesma tarde a ANPA "Viñas Blancas" fixo a súa festa de fin de curso.


Tivo piscinas, comida e moitas actividades máis nunha tarde na que mallaba o sol que daba gusto!!!


O mércores, 18 de xuño, tivemos unha actividade interciclo na que o alumnado de 6º de Educación Infantil interpretou na biblioteca a obra de teatro: "Queda sitio na vasoira?".

Logo fixeron nas aulas de 1º e 2º un pasaporte a Primaria e merendaron xuntos.



A Anpa "Viñas Blancas" tamén entregou esa mañá o agasallo tradicional.


Por outra banda, o xoves, 19 de xuño, celebramos o festival de fin de curso pola mañá ao que tamén acudiron as familias.


Nel houbo once actuacións ben bailongas.


Durante a tardiña tivemos as graduacións de 6º de Infantil e Primaria.




Aquí tedes un vído-resumo!!!


Para rematar, o venres, 20 de xuño, tivemos unha festa variada organizada polos mestres de Educación Física moi relacionada coa auga e merendas-despedida nas aulas e nos patios.

 



Agardamos que teñades un bo verán, tambeiros/as!!!