viernes, 13 de junio de 2025

EXPOSICIÓN DO PDI ANUAL - EXCURSIÓN DE 4º - BASKET CO PEIXE GALEGO - FESTIVAL DE CINE DO MAR - TENDENDO PONTES - POLICÍA NACIONAL - FEIRA DO LIBRO USADO

O pasado martes, 10 de xuño, á tardiña, celebramos a Feira de Exposición de Proxectos do PDI 2024/2025: "Estende as túas ás".


Houbo moita afluencia de público e tivemos unha chea de actividades.

O alumnado de cada nivel mostrou os seus traballos argallados durante o curso... un curso cheo de actividades comúns!!!

Tivemos dúas obras de teatro, unha actuación musical, un obradoiro de henna, outro de chapas e chaveiros, etc.



Aproveitamos para facer unha Merenda Intercultural onde había comidas típicas de Galicia, Marrocos ou Arxentina.
Aquí tedes o vídeo-resumo da xornada, tambeiros/as!!!



O mércores, 11 de xuño, os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria tiveron a súa excursión de fin de curso a Padrón.




Foron a Galipark, un divertido parque de aventuras.
Nel fixeron: tirolina, tiro con arco, escalada, body jump, piscina, tobogán acuático, laser tag e moitas cousas máis!!!





Por outra banda, durante a mañá do xoves e venres (12 e 13 de xuño), o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, tivo unha actividade de baloncesto no Pavillón da Raña.



Estivo organizada polo Club Peixe Galego e anegou de deporte o ambiente.




Os nenos e nenas de 6º de Primaria veñen de ser nomeados finalistas no Festival de Cine do Mar de Marín que terá a súa Gala de Entrega de Galardóns moi pronto.
Parabéns, rapazada, por esa curtametraxe: "Marín regueifa o mar".



Tiveron tamén durante a mañá do mércores, 11 de xuño, a tradiciónal actividade común anual co IES "Mestre Landín": "Tendendo Pontes".




Nela argallaron pontes de madeira ben resistentes e fixeron robótica cos segueliñas.




O venres, 13 de xuño, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo unha sesión didáctica coa Policía Nacional.



Nela puideron coñecer o coche patrulla polo seu interior.



Para rematar, o sábado, 14 de xuño, foi a "Feira do Libro Usado" na que conseguimos "vender" todos os exemplares!!!