O pasado luns, 20 de xaneiro, acudiu ao Centro de Día de Marín en autocar, por segunda vez neste curso, un combinado de alumnos e alumnas de 6ºA e 6ºB de Educacion Primaria.
Foron acompañados pola profa Chus e nesta ocasión compartiron xogos populares (chinchimoni, pedra-papel-tesoira, canicas, peonza, xogo da ra, pares ou nones, petanca, aro, ioió e raiola) cos que uniron dúas xeracións dun xeito ben fermoso... por moitas visitas máis!!!
O martes, 21 de xaneiro, botamos a andar un ano máis o programa "Lectura e Familias" dende a biblioteca.
Como sabedes, grazas a esta iniciativa, recibimos a familiares do alumnado para que nos lean algún conto ou nos conten algunha historia interesante relacionada co PDI anual... en galego!!!
Nesta ocasión, as quendas foron para Yéssica, nai de Hugo (alumno de 5º de Educación Infantil) que nos contou o relato "O carteiro que non sabía ler".
E tamén para Paula, nai de Aalis, alumna de 3ºB de Educación Primaria.
Traballou as emocións co alumnado grazas a estes libros tan fermosos durante a mañá do mércores, 22 de xaneiro!!!
Lembrades "O monstro de cores"?Aquí o tedes co seu karaoke incluído!!!
Por outra banda, o pasado xoves, 23 de xaneiro, os nenos/as de 6º de Educación Primaria acudiron ao IES "Mestre Landín" para coñecer as súas instalacións (biblioteca, aulas, patio exterior, etc) e como é un día normal nese centro educativo.
Foron recibidos cun concerto na Aula de Música interpretado polo alumnado de 3º de ESO... quen sabe, quizáis para o ano que vén sexan alumnos alí!!!
O claustro deste instituto (adscrito ao Carballal) mantivo unha reunión informativa coas familias destes nenos e nenas na tarde do martes, 21 de xaneiro, no noso cole.
Ofreceron tamén unha Xornada de Portas Abertas o xoves, 23 de xaneiro, durante a tardiña no propio IES.
Deixamos aquí a lista de reprodución de Youtube na que se irán pendurando os vídeos de "21 días co galego e +", proxecto no que participa o noso centro dende o Equipo de Dinamizacion da Lingua Galega.
De momento, temos xa a conta atrás para o seu comezo... premede na instantánea!!!
Para rematar, como sabedes, o vindeiro xoves, 30 de xaneiro, conmemoraremos o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz" no que traballaremos, entre outras cousas, esta simboloxía específica que nos propón o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.
O pasado venres, 24 de xaneiro, o alumnado de 5º de Educación Primaria que é voluntario de biblioteca, acudiu ás aulas de 1º a contar contos relacionados con esta tematica.
Leron e dramatizaron dous libros da nosa biblioteca: "O segredo de Flora" e "Topito terremoto".
Aquí tedes ao alumnado de 4ºB de Educación Primaria ensaiando a canción que interpretaremos todos xuntos nesa data sinalada: "Debuxando un mundo en paz".
Dádelle caña, tambeiros/as, que xa falta pouco!!!