O pasado xoves, 30 de xaneiro, celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz" no Carballal.
Traballamos a simboloxía relacionada con esta temática e expuxemos os produtos polos corredores, portas e aulas.
Tamén gozamos con contos de paz grazas aos colaboradores de biblioteca de 5º de Educación Primaria e con algún cómic.
Alumnado de 4º, 5º e 6º de Educacion Primaria, baixo o lema "Estende a túa paz", deleitáronnos cuns bailes de paz aderezados con flores.
Como broche final, logo de escoitar un manifesto pacifista por parte de representantes de cada aula, interpretamos ao vivo a canción: "Debuxando un mundo en paz".
Aproveitamos tamén para cantarlle ao profe Lucas que estaba de aniversario... parabéns!!!
O venres, 31 de xaneiro, camiñamos unha milla arredor do colexio coas nosas camisolas, logo de cortar unha banda inaugural baixo o lema: "Estende o galego".
O luns, 27 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, acudiu ao Teatro Afundación de Pontevedra para gozar cunha obra de teatro.
O título era "My funny Frankenstein", da Compañía Face2Face e estaba en inglés pois... somos un centro plurilingüe!!!
Nos Polos Creativos do luns, o alumnado de 1ºA de Educación Primaria elaborou a súa guitarra midi co profe Lucas.
Escoitade que ben soa!!!