viernes, 20 de junio de 2025

EXCURSIÓNS DE 3º E 5º - VISITA DA GALIÑA AZUL - FESTA DA ANPA - TEATRO INTERCICLO - FESTIVAL DE FIN DE CURSO E GRADUACIÓNS - DESPEDIDA CON XOGOS

Logo dun curso ben longo e con esta semana anegada de actividades, despedimos as novas do blog.

O alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria tivo a súa excursión de fin de curso.

Os nenos/as de 3º foron a O Grove para gozar da praia e da piscina o luns, 16 de xuño.

A rapazada de 5º tamén gozou durante dous días do soliño de Mondariz Balneario.


O martes, 17 de xuño, recibimos ao alumnado da Galiña Azul nunha xornada de convivencia ben fermosa en Educación Infantil.


Esa mesma tarde a ANPA "Viñas Blancas" fixo a súa festa de fin de curso.


Tivo piscinas, comida e moitas actividades máis nunha tarde na que mallaba o sol que daba gusto!!!


O mércores, 18 de xuño, tivemos unha actividade interciclo na que o alumnado de 6º de Educación Infantil interpretou na biblioteca a obra de teatro: "Queda sitio na vasoira?".

Logo fixeron nas aulas de 1º e 2º un pasaporte a Primaria e merendaron xuntos.



A Anpa "Viñas Blancas" tamén entregou esa mañá o agasallo tradicional.


Por outra banda, o xoves, 19 de xuño, celebramos o festival de fin de curso pola mañá ao que tamén acudiron as familias.


Nel houbo once actuacións ben bailongas.


Durante a tardiña tivemos as graduacións de 6º de Infantil e Primaria.




Aquí tedes un vído-resumo!!!


Para rematar, o venres, 20 de xuño, tivemos unha festa variada organizada polos mestres de Educación Física moi relacionada coa auga e merendas-despedida nas aulas e nos patios.

 



Agardamos que teñades un bo verán, tambeiros/as!!!


viernes, 13 de junio de 2025

EXPOSICIÓN DO PDI ANUAL - EXCURSIÓN DE 4º - BASKET CO PEIXE GALEGO - FESTIVAL DE CINE DO MAR - TENDENDO PONTES - POLICÍA NACIONAL - FEIRA DO LIBRO USADO

O pasado martes, 10 de xuño, á tardiña, celebramos a Feira de Exposición de Proxectos do PDI 2024/2025: "Estende as túas ás".


Houbo moita afluencia de público e tivemos unha chea de actividades.

O alumnado de cada nivel mostrou os seus traballos argallados durante o curso... un curso cheo de actividades comúns!!!

Tivemos dúas obras de teatro, unha actuación musical, un obradoiro de henna, outro de chapas e chaveiros, etc.



Aproveitamos para facer unha Merenda Intercultural onde había comidas típicas de Galicia, Marrocos ou Arxentina.
Aquí tedes o vídeo-resumo da xornada, tambeiros/as!!!



O mércores, 11 de xuño, os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria tiveron a súa excursión de fin de curso a Padrón.




Foron a Galipark, un divertido parque de aventuras.
Nel fixeron: tirolina, tiro con arco, escalada, body jump, piscina, tobogán acuático, laser tag e moitas cousas máis!!!





Por outra banda, durante a mañá do xoves e venres (12 e 13 de xuño), o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, tivo unha actividade de baloncesto no Pavillón da Raña.



Estivo organizada polo Club Peixe Galego e anegou de deporte o ambiente.




Os nenos e nenas de 6º de Primaria veñen de ser nomeados finalistas no Festival de Cine do Mar de Marín que terá a súa Gala de Entrega de Galardóns moi pronto.
Parabéns, rapazada, por esa curtametraxe: "Marín regueifa o mar".



Tiveron tamén durante a mañá do mércores, 11 de xuño, a tradiciónal actividade común anual co IES "Mestre Landín": "Tendendo Pontes".




Nela argallaron pontes de madeira ben resistentes e fixeron robótica cos segueliñas.




O venres, 13 de xuño, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo unha sesión didáctica coa Policía Nacional.



Nela puideron coñecer o coche patrulla polo seu interior.



Para rematar, o sábado, 14 de xuño, foi a "Feira do Libro Usado" na que conseguimos "vender" todos os exemplares!!!

viernes, 6 de junio de 2025

RESUMO DO PDI ANUAL - EXCURSIÓN DE 6º - EXCURSIÓN DO 1º CICLO

Comezamos esta entrada semanal do blog informando que o vindeiro martes, 10 de xuño, á tardiña, faremos a presentación dos produtos finais do PDI anual: "Estende as túas ás".

Xa sabedes que poden acudir as familias que o desexen... con esta entrada!!!

Mentres... aquí tedes un resumo das actividades comúns realizadas ao longo do curso!!!



O alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a súa excursión de fin de curso dende o martes 3 ata o venres 6 de xuño.



Visitaron a praia das Catedrais, a cova do Soplao, Santander, Gijón, o Parque Natural de Cabárceno e tiveron actividades de surf e tirolinas.




O martes, 3 de xuño, os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria, tiveron tamén a súa excursión de fin de curso a O Grove durante todo o día.



Foron en barco e visitaron o acuario onde había axolotes... Enzo fixo incluso unha explicación sobre os polbos.

Logo descansaron na praia cunha comida anegada de convivencia!!!