jueves, 30 de octubre de 2025

SAMAÍN 2025 - CONCURSO PARA O TÍTULO DO PDI ANUAL

O pasado xoves, 30 de outubro, festexamos o Samaín no Carballal e os profes estaban raros...


Viñemos disfrazados de ocasión e había moitos nenos e nenas que daban medo!!!


Tivemos a proxección das curtas de medo propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega no ximnasio e houbo unha chea de premiados pois... o nivel deste ano foi ben alto con moita participación das familias.
Premede na seguinte instantánea se queredes visualizalas.



Parabéns a todos os participantes e ao presentador que era moito mellor que Gayoso!!!



O alumnado de 5º de Educación Primaria proxectou na biblioteca as súas curtas argalladas no cole... alí había tamén contos de terror seleccionados nun andel.


Na Aula de Música gravamos unha canción de SaMagosto co alumnado de 4º de Educación Primaria (Proxecto Competencial) que pronto aprenderemos todos/as.


Pola tarde foi a festa da ANPA "Viñas Blancas" co seu marabilloso túnel do terror e unha chea de actividades maléficas.


Por outra banda, os colaboradores de biblioteca foron polas aulas durante a semana para explicar o concurso de título do PDI anual... participade, tambeiros!!!
Boas minivacacións!!!

viernes, 24 de octubre de 2025

PRESENTACIÓN DO PDI 2025/2026

O pasado venres, 24 de outubro, presentamos o PDI deste curso no ximnasio por medio dunha representación cociñeira á primeira hora da mañá.



Fixémola coincidir co Día das Bibliotecas Escolares pois, tamén abrimos o recuncho de Tambo con fantásticos menús literarios.


O título da representación foi "Masterchef Tambeiro" e xa nos quedou ben clariño que este ano traballaremos con cousas relacionadas coa cociña.


Os actores e actrices (cociñeiros, xurado, camareiros, comensais, etc) foron nenos e nenas de 6º de Educación Primaria colaboradores da biblioteca e representantes de cada aula.
Ide pensando un título para o proxecto que xa temos unha cociña no colexio!!!



Por outra banda, durante a semana, tivemos unha charla sobre acoso nas redes (Plan Director) para 5ºB de Educación Primaria e moita construción e lettering nos polos Creativos da biblioteca.


viernes, 17 de octubre de 2025

CIBERSEGURIDADE NO COLE - PREMIO ASTRID LINDGREN - ACTIVIDADE DE REMO - TAMBO NAS ONDAS

Boas tambeiros/as!!!

Queremos comezar esta entrada dando os nosos parabéns ao alumnado de 6º de Educación Primaria pois gañaron un segundo premio nun concurso esta semana.

Estivo relacionado coa ciberseguridade, participaron máis de medio cento de coles galegos e realizouse por medio de videoconferencia (preguntas Kahoot).

En breve acudirán de xeito presencial a unha nova fase.


Felicitamos tamén á nosa madriña, Fina Casalderrey, por ser nomeada unha vez máis, candidata española ao Premio Astrid Lindgren.

UN DÍA CON PAPÁ (FINA CASALDERREY)


O pasado venres, 17 de outubro, tivemos unha actividade de remo no Pavillón da Raña (Copa Ence Rowerg Indoor Escolar).


Estivo dirixida ao alumnado de 5º de Educación Primaria e asistiron máis de 450 nenos/as doutros centros de Cangas, Bueu, Moaña e Marín.


Tivemos tamen polos creativos durante a semana con construción, invernadoiro e iniciación ás cartas Magic con Telmo (fillo da profa Celia) na biblioteca.


Para rematar, deixamos o primeiro podcast deste curso de "Tambo nas Ondas" que está recén saído do forno!!!

Argallouno o alumnado de 6ºB de Educación Primaria... bon apétit!!!

viernes, 10 de octubre de 2025

SEMANA MÁXICA - POLOS CREATIVOS

Esta semana, entre outras actividades, tivemos unha serie de pases privados no colexio dentro do Festival Internacional de Maxia Infantil que se celebra en Marín os días 9, 10 e 11 de outubro.


Nun primeiro pase tivemos ao Mago Koko que fixo as delicias da rapazada de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.



Nun segundo pase gozamos co mago arxentino Gonza Martini que deleitou ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria con malabares, maxia, pompas de xabrón e moito ritmo.




Por outra banda, informamos que xa botamos a andar os Polos Creativos deste curso... e algún obradoiro de lettering.
Anotádevos, tambeiros/as!!!

viernes, 3 de octubre de 2025

CONCURSO DE CURTAS DE MEDO - CHARLA SOBRE OS ROMANOS - PAPIRUS - DANZA DE ESPADAS

Boas, tambeiros/as!!!

Para comezar, informamos que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca o III Concurso de Curtas de Medo co gallo do Samaín 2025.
Aquí tedes o cartaz coas bases... e agardamos que vos animedes a participar!!!


Deixamos as pezas audiovisuais de anos anteriores para que collades unha chea de ideas.



Por outra banda, esta semana, o alumnado de 4º de Educación Primaria, tivo unha charla sobre a romanización en Galiza con Mercedes, a nosa administrativa, pois ela é toda unha experta (licenciada en Historia da Arte).
Foi na biblioteca e aprendemos moitísimo.



Deixamos tamén a canción de Papirus, o polbo que aparece na historia da nosa mascota Tambo e que nos hermanou no seu día co CEIP "A Pedra" de Bueu.


Para rematar, non esquezades acudir este domingo a ver a Danza de Espadas da nosa vila, unha tradición centenaria da que debemos sentirnos orgullosos.
Viva San Miguel!!!