O pasado venres, 24 de outubro, presentamos o PDI deste curso no ximnasio por medio dunha representación cociñeira á primeira hora da mañá.
Fixémola coincidir co Día das Bibliotecas Escolares pois, tamén abrimos o recuncho de Tambo con fantásticos menús literarios.
O título da representación foi "Masterchef Tambeiro" e xa nos quedou ben clariño que este ano traballaremos con cousas relacionadas coa cociña.
Os actores e actrices (cociñeiros, xurado, camareiros, comensais, etc) foron nenos e nenas de 6º de Educación Primaria colaboradores da biblioteca e representantes de cada aula.Ide pensando un título para o proxecto que xa temos unha cociña no colexio!!!Por outra banda, durante a semana, tivemos unha charla sobre acoso nas redes (Plan Director) para 5ºB de Educación Primaria e moita construción e lettering nos polos Creativos da biblioteca.