Atopeina hoxe detrás da porta do seu recuncho.
Esta vez decidiu inspirarse nos piratas que pescan golfiños na Ría de Pontevedra.
Ó parecer, un destes piratas, é Pedro "o chosco"... seguro que sabedes ben quen é porque aparece tódalas noites para contaxiarnos o sono.
Eu estouna escoitando e parece un tema moi divertido e con moita marcha.
PIRATA
INFORMÁTICO
Son “Pedro o
chosco”, pirata informático.
Doulle ben
ao mosto nun barco telemático.
Non levo
carné, navego pola internet.
Cos golfiños
fago puré na páxina web…
As miñas
gafas de sol son do que non hai.
Descargo as
capturas nun pequeno pen drive.
Se dou cunha
moto sen pensalo monto.
¡Non fagades
caso din que teño moito conto!
CHEGO Á
NOITIÑA E DESPÓIS DE XANTAR.
SON CHUMBO
NOS TEUS OLLOS, XA ESTÁS A BOCEXAR.
BRAZOS PARA
ARRIBA E TAMÉN UN PÉ…
¿LOITAS
COMIGO SEN TOMAR CAFÉ?
CHEGO Á
NOITIÑA E DESPÓIS DE XANTAR.
SON CHUMBO
NOS TEUS OLLOS, XA ESTÁS A BOCEXAR.
LAVA BEN OS
DENTES E PON O PIXAMA…
¡NON SEXAS
BURATEIRO E LISCA PARA A CAMA!
Son “Pedro o
chosco”, pirata actual.
Sen marcas
no rostro boto crema facial.
Sen pata de
buxo, vanme os caramuxos.
¡Aparta do
medio muxo que estás moi delgaducho!
Ir de compras
é o meu hobbie, falo polo móbil.
Meu can chámase
Tobi, merqueino en Chernobyl.
Teño moza no
Chat e non me deixa en paz.
Gato en
inglés dise cat… ¡Entérate rapaz!