Tambo deixounos unha nova canción que fala do burato segredo no que se esconderon cando escapaban dos piratas...
BURATO SEGREDO
No soto do lar onde vive o calamar
existe un lugar tan fermoso que quixeron
tapar.
Baleas, golfiños e sereas
botaron algas, pedras, area e corais.
Esqueceron facer unha porta para soñar.
Furaron un burato miúdo e outro grande
de máis.
Na xuntanza da rocha segreda
acordaron que fora a serea quen de
vixiar.
CANDO A PRAIA TE AGASALLE CUNHA CUNCHA
NON DUBIDES EN PEGALA Á TÚA ORELLA.
ESCOITARÁS O MECER DAS ONDAS DO MAR
O CANTAR DAS VERDES ALGAS CON ESCUMA…
DO BURATO SEGREDO
CANDO A PRAIA TE AGASALLE CUNHA CUNCHA
NON DUBIDES EN PEGALA Á TÚA ORELLA.
ESCOITARÁS OS ASUBÍOS DAS AREAS DE SAL
O SORRIR DOS CORAIS E O BAILAR ANIMAIS…
DO BURATO SEGREDO
Caracolas e peixes coloridos alí están
recorda que este anaco de ceo non debes
estragar.
Cando existe algún perigo e o mar anda
enfurruñado
se te sintes algo malhumorado el está do
teu lado.
Todos temos un burato segredo no
interior.
Descúbreo e verás que branca é a súa
cor.
Non poderás falar doutra cousa
e sentirás que a ledicia sobre a túa
vida repousa.