viernes, 20 de octubre de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS - ESPECTÁCULO "MATEMAXIA" E "MAXIA Vs CIENCIA" - CESTAS SAUDABLES CO PLANETA (MAGOSTO)

Os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, botaron a andar este venres, 20 de outubro, as tradicionais mochilas viaxeiras.


As axudantes de biblioteca (alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria) repartíronnas polas aulas explicando o procedemento de emprego.


Cada neno/a pode levala á súa casa durante un período de tempo dunha semana e debe devolvela no mesmo estado.

Este ano móstranse cun formato de bolsa diferente que leva o logo da Real Academia Galega por mor da nosa participación no proxecto "Primavera das Letras".


No seu interior atoparedes cinco libros con diferentes temáticas que agardamos sexan do voso agrado.

Tamén hai un caderno no que aparece o contido da mochila, as normas e un apartado para que escribades a vosa opinión.



Como novidade, atoparedes un libro que podedes usar coa vosa familia que está relacionado co PDI que desenvolveremos este curso.
No seu interior existen códigos QR que nos levan a audios interesantes que nos axudarán a relaxarnos e meditar.


Agardamos que gocedes coa lectura no voso fogar e cumprades as normas das mochilas viaxeiras tambeiros/as!!!

O pasado luns, 16 de outubro, tivemos unha actividade moi interesante no Carballal a cargo do Mago Paco.


Desenvolveuse na Aula STEAM e na Biblioteca do centro e estivo destinada ao alumnado do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria.


A través da maxia, aprendemos moitísimo sobre matemáticas e ciencia.


Poderiamos contarvos moitas cousas máis... pero preferimos agardar a que esté editado o vídeo profesional que nos vai enviar o Mago Paco en breve e que penduraremos nesta mesma entrada do blog!!!
Mentres, podedes visualizar esta actuación que nos fixo en 2018.


Para rematar, queremos informarvos que o vindeiro venres, 10 de novembro, véspera de San Martiño, celebraremos o Magosto no colexio.
Aquí podedes visualizar o que argallamos o pasado ano.


As cestas para depositar as castañas deste ano deberán estar relacionadas co coidado da Terra.
Preparade as vosas cestas saudables co planeta a partir de material reciclable e presumide delas coma todos os anos pois, sempre aparece algunha verdadeira obra de arte!!!