Esta semana festexamos o Entroido no Carballal, unha data ben sinalada no calendario escolar anual da nosa vila, Marín.
viernes, 28 de febrero de 2025
ENTROIDO 2025 - CLAUSURA EN COMPOSTELA DOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS - POLOS CREATIVOS - DÍA DE ROSALÍA
viernes, 21 de febrero de 2025
CLAUSURA DOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS - MANDADIÑO - CANCIÓN DE ENTROIDO (VIAXES "VIÑAS BRANCAS") - CANCIÓNS DE ROSALÍA
Esta semana, logo do Obradoiro de Elaboración de Disfraces coas familias do alumnado de Educación Primaria e da 2ª Xornada de Portas Abertas do martes, 18 de febreiro, tivemos a clausura no Carballal do programa "21 días co galego e +".
Tamén tivemos unha sesión de contacontos para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria no ximnasio...
E o colofón foi o venres, 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, coa gran festa á que asistiron autoridades como o Secretario Xeral da Lingua, o Director Xeral de Centros, o Xefe Territorial, o Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude ou a Alcaldesa de Marín, María Ramallo... como non, tamén estivo Pilar Ponte, creadora desta iniciativa, e a nosa madriña de biblioteca, a Académica da RAG, Fina Casalderrey.
Miramos un vídeo-resumo dos 21 días de actividades do noso colexio e fixemos unha videoconferencia cos outros 9 centros participantes.
Tamén saímos na Radio Galega.
Asistiu alumnado do CEP "Sequelo" que interpretou unha fermosa canción a prol do galego e tivemos a actuación da "Cé Orquestra Pantasma", formada por un auténtico John Balan.
Aquí tedes o eco nos medios desta gran festa!!!
Vídeo-Resumo do Concello de Marín
Logo de escoitar os discursos, presentados por alumnado de 6º de Educación Primaria a modo de regueifa, bailamos a Muíñeira de Raquel e interpretamos ao vivo o Himno Galego.
O vindeiro martes, 25 de febreiro, o alumnado de 4º de Educación Primaria, acudirá á clausura oficial en Compostela, á que asistirán representantes dos 10 centros que participaron neste programa impulsado pola Xunta de Galicia... interpretarán e escenificarán a nosa canción: "Regueifando en Marín".
Aquí tedes un ensaio!!!
Por outra banda, a semana que vén, celebraremos o Entroido no Carballal, que terá o grande desfile de disfraces o venres, 28 de febreiro.
Faremos, como xa é tradición, o Mandadiño durante a semana, que podedes ver aquí:
-Para que Entroido pareza o luns algo na cabeza.
-Se a cachola tola tes martes algo do revés.
-Para un mércores cheo de gozo trae algo no pescozo.
-Se non te dás erguido da cama trae o xoves o pixama.
-Venres imos desfilar moi ben o imos pasar!!!
O mércores, 26 de febreiro, á tardiña, será a festa da ANPA "Viñas Blancas".
Podedes ir practicando a canción que compuxemos para a ocasión, na que aparecen reflectidos todos os disfraces... dádelle caña porque gravaremos nestes días as vosas voces.
viernes, 14 de febrero de 2025
OBRADOIRO DE REGUEIFAS - CONEXIÓN CON ESTHER ESTÉVEZ - ACHÉGASE O ENTROIDO - DÍA INTERNACIONAL DA RADIO
viernes, 7 de febrero de 2025
ACTIVIDADES DO 21 DÍAS CO GALEGO E + / CHARLA SOBRE O COIDADO DO LOMBO
Esta semana, logo da grandiosa inauguración do pasado venres, botamos a andar as actividades do programa "21 días co galego e +".
Algunhas foron propias e outras eran propostas dos 9 centros que tamén participan.
Tivemos obradoiros interesantes, como o de chapas e o de cociña; xogos (xogo da ra, bolos, carreiras de sacos, bingo, ruleta, etc), nunha semana de recreos ben divertidos en galego espallados por varios lugares do Carballal!!!
Dedicaron un día especial ao noso centro coa explicación, por parte do alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria, do videoclip: "Regueifando en Marín".
Nesa mesma entrada do blog deste programa tan interesante, había dúas recomendacións musicais en galego de produción propia ("Autoxenreira" e "Ensalada de animais")... premede na imaxe!!!
Fixemos unha conexión en directo coa Radio Galega para falar deste programa e os representantes foron Pedro e Valentina, de 2º e 4º de Primaria respectivamente.
Podedes escoitar o podcast premendo na imaxe!!!
Xa sabedes, tambeiros/as... estendede o galego!!!
Por outra banda, rematamos anunciando que o pasado mércores, 5 de febreiro, acudiu ao centro Fátima, traballadora do Centro de Saúde de Marín con dous profesionais máis en práticas.
Doulle ao alumnado de 3º e 6º de Educación Primaria, unha charla sobre o coidado do lombo, algo ben importante se queremos estar sans e con boa mobilidade cando sexamos maiores!!!