Unha das actividades estrela foi o mércores, 12 de febreiro, coa conexión por videoconferencia con Esther Estévez, presentadora do "Dígocho eu", na que nos contou un feixe de detalles sobre a produción dese programa viral das redes que tanto nos gusta e do que tanto aprendemos.
Fixémoslle algunhas preguntas que nos contestou amablemente... e Digochiño mandounos folgos para a derradeira etapa!!!
Se premedes na instantánea poderedes visualizar a canle de Youtube desta iniciativa.
A outra actividade destacada foi o venres, 14 de febreiro, na que o alumnado de 6º de Educacion Primaria gozou cun obradoiro de regueifas ben interesante con Lupe Blanco, no que engrasaron a súa axilidade mental grazas á improvisación musical en galego na biblioteca.
O vindeiro venres, 21 de febreiro, teremos a clausura no colexio e entre as actividades que levaremos a cabo, interpretaremos xuntos, ao vivo, o Himno Galego... non vos esquezades de practicalo.
Por outra banda, e dado que se achega o Entroido, o pasado martes, 11 de febreiro, á tardiña, tivemos un obradoiro de elaboración de disfraces para as familias do alumnado de Educacion Infantil coas súas titoras.
Semella que a cousa vai de Exipto... de didácticas viaxes!!!
Aqui podedes lembrar o desfile do curso pasado!!!
Para rematar, o pasado xoves, 13 de febreiro, festexouse o "Día Internacional da Radio".
Como sabedes, o profe Lucas botou a andar novamente a nosa radio escolar no marco dos Polos Creativos deste curso.
Non vos esquezades de visitala, pois, está anegada de divertidos podcast de "Tambo nas Ondas" elaborados polo alumnado dos diferentes niveis... premede na imaxe!!!