viernes, 28 de febrero de 2025

ENTROIDO 2025 - CLAUSURA EN COMPOSTELA DOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS - POLOS CREATIVOS - DÍA DE ROSALÍA

Esta semana festexamos o Entroido no Carballal, unha data ben sinalada no calendario escolar anual da nosa vila, Marín.


Fixemos o Mandadiño durante a semana e puidemos ver á rapazada con complementos ben graciosos.





O venres, 28 de febreiro, desfilamos pola contorna do centro con disfraces relacionados co PDI, papamos doces típicos e gozamos con algunha actuación de baile... non vos esquezades de asistir durante as vacacións ao centenario Enterro da Sardiña, tambeiros/as!!!
No 2019, traballamos esta festa... lembrades?


Aquí tedes o vídeo-resumo da xornada coa canción que compuxemos para a ocasión e que interpreta alumnado de 4º de Educación Primaria.


Na tardiña do mércores, 26 de febreiro, a ANPA "Viñas Blancas", celebrou tamén a súa tradicional Festa de Entroido con máis doces típicos, actuación por parte de Mimos e moitos disfraces.





Por outra banda, o martes, 25 de febreiro, o alumnado de 4º de Educación Primaria acudiu a Compostela para participar no Acto de Clausura dos "21 días co galego e +" durante a mañá.
Deron unha pequena entrevista para a Televisión de Galicia que podedes visualizar premendo na seguinte instantánea.


Actuaron facendo unha pequena representación e interpretación ao vivo da canción "Regueifando en Marín".
O acto rematou cantando o Himno Galego co acompañamento de gaitas e percusión tradicional.


Xa pola tardiña, logo dunha papadela nas inmediacións da Área Central, visitaron o Museo de Historia Natural da USC, no que aprenderon unha chea de cousas sobre animais e minerais.



Nos Polos Creativos da semana, o alumnado de 1ºB de Educación Primaria, continuou cos traballos de construción dunha guitarra midi co profe Lucas durante os recreos.




Para rematar, non esquezades que celebraremos o Día de Rosalía na biblioteca o vindeiro venres, 7 de marzo... tedes enigmas sobre ela polos andares do cole grazas á iniciativa "Dálle ao coco".


O lema deste ano é "Rosalía, muller viaxeira" e gozaremos con recitados e actuacións musicais relacionadas coa autora.