sábado, 8 de marzo de 2025

8M "UNHA VIAXE POLA HISTORIA DA MAN DAS MULLERES" - ROSALÍA "MULLER VIAXEIRA" - AGASALLOS DE MANUEL ROSALES

O pasado venres, 7 de marzo, festexamos no colexio o "Día Internacional da Muller".


Escollemos unha chea de mulleres brillantes para pescudar máis na súa biografía... aquí tedes algunhas!!!












O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares elaborou un fermoso mural que penduramos nun dos andares do Carballal baixo o lema: "Unha viaxe pola historia da man das mulleres".

Rosalía de Castro foi unha desas mulleres seleccionadas e dende o Equipo de Biblioteca argallamos un recital poético-musical cos seus versos no ximnasio: "Rosalía, muller viaxeira".


Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria que colaboran na biblioteca, con vestiario exclusivo para a ocasión, dirixiron a totalidade do acto e... estiveron xenial!!!


Fixéronno en dous pases por franxas de idade e, nun deles, contamos cos usuarios do Centro de Día de Marín.
Entre eles atopábase a avoa de Alejandro e mais Ángeles, ex-mestra do Carballal.
Logo, merendamos xuntos e despedímolos ata outra acasión!!!


Aquí tedes un vídeo-resumo da xornada, tambeiros/as!!!


Por outra banda, o Concello de Marín, vén de publicar un minidocumental dedicado ás primeiras concelleiras da nosa vila co gallo do Día Internacional da Muller.

De seguro que coñecedes a algunha delas... nel podemos ver á avoa de Emma e Vera.

Aquí o tedes!!!


A Xunta de Galicia tamén publicou un videoclip con 30 artistas galegas de diferentes xeracións interpretando a canción: "O noso canto".


Para rematar, Manuel Rosales, atleta marinense de prestixio mundial, enviounos unhas fermosas instantáneas con alumnado do Carballal que o aborda pola rúa dende que lle dedicamos o videoclip "Corre por Marín".

Aquí o tedes con "Mario O Teixugho", Lía e Brais.



Dun xeito especial, enviou unha lámina asinada a David (alumno de 4º de Educación Primaria)  a quen atopa moi a miúdo cando sae a entrenar por Marín... fermosas verbas, si señor!!!  

                 

Segundo o propio Rosales, David, é un incansable amante dos animais e un grande conversador.



Se queredes saber máis sobre Manuel Rosales Touza, aquí tedes a entrevista que lle fixemos no colexio.