viernes, 14 de marzo de 2025

OBRADOIRO DO CIM - SAÍDA AO CENTRO DE DÍA - POLOS CREATIVOS ROBÓTICOS - NOVA RADIO ESCOLAR - LECTURA E FAMILIAS POR EXIPTO - EU CHORAR CHOREI

Esta semana comezámola cos dous obradoiros impartidos por parte do CIM para o alumnado de 6º de Educación Primaria co gallo do 8M (Día Internacional da Muller) nos que traballaron as desigualdades a nivel laboral entre homes e mulleres e os roles establecidos pola nosa sociedade que debemos mudar.

    

Xa traballamos estes aspectos hai anos por medio deste videoclip: "María e Brais".


Unha selección de nenos e nenas de 6º de Educación Primaria acudiu ao Centro de Día en autocar na mañá do xoves, 13 de marzo.





Nela compartiron unha chea de xogos modernos ben divertidos: Nerfs, Wii, Nintendo DS, Simon Set, Cara-splash, etc.

Un fermoso xeito de unir xeracións ben afastadas no tempo...





Por outra banda, informamos que a nosa radio escolar "Tambo nas Ondas" conta cun equipo técnico totalmente renovado formado por: auriculares, micrófonos, mesa de mesturas, gravadora de audio, etc.


Se visitades a canle de iVoox poderedes escoitar os dous últimos podcast pendurados, producidos polo alumnado de 1ºB e 6ºA de Educación Primaria.



Nos Polos Creativos da semana, o alumnado de 6ºA de Educación Primaria traballou aspectos de robótica co profe Lucas.




Como podedes comprobar nas instantáneas e neste pequeno vídeo, os robots "segueliñas" funcionaron!!!




Tamén traballaron a construción coa profa Belén.


Mirade qué cousiñas fixeron!!!




Na mañá do mércores, 12 de marzo, tivemos no recuncho de Tambo unha nova sesión do programa "Lectura e Familias".


Estivo destinado ao alumnado de 4º de Educación Infantil e 2ºB de Educación Primaria con Ainhoa, nai de Alexis e Adriel, que nos contou unha historia sobre Cleopatra.
Como sabedes, nos dous niveis educativos están traballando a temática de Exipto dentro do marco do PDI viaxeiro deste curso.




Para rematar, deixamos unha canción popular ben coñecida na voz do alumnado de 4ºB de Educación Primaria para que a vaiades aprendendo pois, este ano, o Día das Letras Galegas, estará dedicado á poesía popular oral centrada na música e personificada en sete mulleres (Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción, Teresa e Manuela) cantareiras e pandereteiras: "Eu chorar chorei".


Aqui vai outra versión coa que gravaremos as voces do alumnado.




Temos xa na biblioteca un libro para documentarnos sobre esta data tan sinalada no calendario escolar anual.


E mirade que fermosura de videoclip de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, animado con IA, que fai un repaso dos bailes tradicionais galegos: "Rumboia viva".
A Rumboia é unha esmorga sen fin, unha foliada constante anegada de baile...